O pasado 15 de Decembro visitou o instituto a Educadora Social Laura Barejano Domínguez. No encontro co alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato fixo unha exposición sobre a súa experiencia laboral no Concello de Oleiros no que traballa actualmente. Asemade, dirixiu unha serie de actividades grupais nas que o alumnado participou activamente e amosou unha vez máis a súa sensibilidade respecto a temas como: a violencia de xénero, a inmigración, o bulling, etcétera.
Máis información no blog do Departamento de Orientación.
O día 7 de xuño o alumnado de 3º de ESO do Neira Vilas participou no Roteiro Cultural e Literario, actividade na que se visitan diferentes lugares relacionados con personaxes representativas do Concello de Oleiros, tendo como guías a grupos de alumnos que previamente realizaron unha labor de investigación e documentación. Neste ano 2019 as personaxes escollidas foron Luis Seoane, Rosalía Mera e Felipe Criado. 
O Concello de Oleiros concedeu ao IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas, mediante Decreto da alcaldía nº 5485/2018, de 26 de decembro, de 7168 € (sete mil cento sesenta e oito euros) para os seguintes conceptos:
O alumando de 1º de ESO participou os pasados días 8, 15 e 22 de novembro nunhas sesións de Body-Box, impartidas para cada grupo por especialistas na materia no ximnasio da Piscina Municipal de Perillo.



