IX Intercambio Escolar I.E.S.Plurilingüe Xosé Neira Vilas De Oleiros-Collège Notre Dame de Vannes

Un total de 36 alumnos de 2º, 3º, 4º ESO, 1º de Bacharelato e BACHIBAC 1 participaron no IX ÉCHANGE SCOLAIRE que tivo lugar entre os días 28 de marzo e 8 de abril. Estiveron acompañados dos profesores D Xosé Antón García , Juan Santamaría e Carlos Vidal.
Durante a estadía en Vannes (Francia), o alumnado do Neira Vilas realizou diversas actividades : visita á rexión da Bretaña francesa (Carnac, Quiberon , Mont Saint Michel, Saint Malo, etc.); tamén asistiron  ás clases no Collège-Lycée Notre Dame Le Menimur.
O alumnado BACHIBAC fixo unha inmersión lingüística reforzada para a preparación da proba externa que realizarán estes alumnos en maio de 2018 e para superar o DELF B2.
O Intercambio rematou cunha visita ao parque do Puy du Fou.

Carta do Conselleiro de Educación

Fotos do intercambio…

Máis fotos procurando “Vannes2017” en Instagram.

Noraboa dos representantes da Embaixada de Francia ao noso Instituto

O pasado 9/03/2017 acudiron ó noso centro os membros da  Embaixada de Francia en España, Nicolas Kassianides,  conselleiro cultural, director del Institut Français de España, Manuela Ferreira, agregada de Cooperación Educativa e Caroline Natalia agregada de cooperación para a lingua francesa.
O obxectivo foi felicitar polo éxito da implantación do BACHIBAC (Dobre titulación de Bacharelato en francés e español) no único centro de Galicia e polos excelentes resultados no exame DELF (diplomas oficiais de Francés como lingua estranxeira outorgados polo Ministerio francés de Educación Nacional e recoñecidos a nivel internacional)

Os membros da embaixada de Francia acompañados polo equipo directivo e pola Inspectora de Educación, Concepción Aramburu, a concelleira de Educación de Oleiros Iria Barreiro Antón e a asesora de Bachibac e do DELF SCOLAIRE en Galicia, Mª Jesús Lorenzano Lamelo, visitaron o Instituto Neira Vilas e acudiron a algunhas das clases de BACHIBAC do profesor Xosé Antón García da materia de  de Historia onde quedaron sorpendidos polo nivel de coñecementos da materia e o seu nivel da lingua francesa. O profesor Carlos Vidal, catedrático de Francés do Instituto, destacou a importancia da dobre titulación xa que incorpora non só un novo curriculum senón unha diferente metodoloxía que completa a formación académica do alumnado.
O Sr. Kassianides rematou a visita desexando moita sorte ao  alumnado nas probas de externas do BACHIBAC e destacou as facilidades que este alumnado ten para seguir os seus estudos en Francia por ser alumnado de pleno dereito no sistema educativo francés.

Noticia de La Opinión

Entroido 2017

O 24 de febreiro tivo lugar o concurso de disfraces co gallo do Entroido. Mentres o xurado deliberou a quen concederlle os premios, tamén se recitaron desde o escenario do Salón de Actos os testamentos que preparou o alumnado do primeiro ciclo de ESO. O primeiro premio individual foi para Alberto Pérez Vishneuskiv, alumno de 1º da ESO, mentres que o segundo recaeu en Sergio Carnero Cadavid, alumno de 2º da ESO. O primeiro premio para grupos recaeu en Lucía Hermida e Antela Couceiro, de 4º da ESO, e o segundo no grupo de rockeiras integrado por alumnas de 3º da ESO. 

Obradoiro de banda deseñada

Os días 7, 8 e 9 de febreiro, o alumnado de 1º e 2º de ESO acudiu á Biblioteca Rialeda para asistir a un obradoiro de banda deseñada impartido por Fran Bueno. Traballaron as técnicas de elaboración dun cómic e realizaron un guión. Colaboraron na organización da actividade o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, O Departamento de Plástica, o Departamento de Lingua Galega, o Departamento de Lingua Castelá, Vicedirección, o Servizo de Normalización da Lingua Galega do Concello de Oleiros e a rede de Bibliotecas Municipais do concello.

Visita á Santiago de Compostela

O 7 de marzo, o alumnado de Historia da Arte e de Historia da Música e a Danza realizou unha saída a Santiago de Compostela. Visitaron á Catedral, incluíndo os tellados, e viron outros edificios significativos (Hostal dos Reis Católicos, Santo Domingo de Bonaval, Convento de Santa Clara) que lles permitiu repasar fundamentalmente o estudado da arte románica e barroca.

Xornada Informativa sobre a E.T.S. de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Coruña

Charla ETS Enseñería CCPO pasado 15 de febreiro, estiveron con nós Ignacio Colominas, director da escola de enxeñaría, e Iván Couceiro, para falarnos das grandes obras de enxeñaría que desenvolve un titulado que remata os dous graos que se poden cursar:

  • Grao en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil
  • Grao en Enxeñaría de Obras Públicas.

Máis información…

Charla sobre supercondutividade

Dentro do programa “APONTE” da USC  (Universidade de Santiago de Compostela) o profesor Jesús Manuel Mosqueira Rey impartiu unha charla  sobre supercondutividade dirixida á alumnado de 1º e 2º de bacharelato.

O relator, que é profesor da Facultade de Física e ademais é investigador no Laboratorio  de Baixas Temperaturas e Supercondutividade da USC , falou sobre a investigación e as numerosas aplicacións dos materiais supercondutores.

Unha das aplicacións máis espectaculares é a levitación magnética que o profesor presentou por medio dunha maqueta de tren.