Todolos artigos de: vicedireccion

Profesora Asistente de inglés

Durante o curso 2017-18 o IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas ten a sorte de poder contar con Natalie Honan, “English Teaching Assistantship” do prestixioso programa Fulbright. Dito programa está patrocinado pola Oficina de Asuntos Educativos e Culturais do Departamento de Estado dos Estados Unidos xunto co sector privado, tendo como obxectivo o financiamento de proxectos de investigación, formación e/ou ensino en diferentes países.
Seguir lendo Profesora Asistente de inglés

A Nosa Homenaxe á Carlos Casares

Unha pequena “instalación” nas escaleiras do noso centro recórdanos a súa obra. Dez carteis feitos grazas á creatividade do alumnado de Educación Plástica e Visual de varios niveis – coordinados pola súa profesora -. Co asesoría do Departamento de Galego e o apoio de Dinamización da Lingua Galega e a Biblioteca. Seguir lendo A Nosa Homenaxe á Carlos Casares

Graduación 2º Bacharelato 2016-2017

Orla 2017
Orla 2017

O venres 29 de maio celebrouse no Auditorio do Centro Cultural e Deportivo de “A Fábrica” a graduación do alumnado de segundo de bacharelato da promoción 2016-2017. Ao acto asistiu o alumnado, as súas familias, representantes da comunidade educativa, o concelleiro de Servizos Sociais e Sanidade  do Concello de Oleiros, Ignacio Crespo López, e a Agregada de Cooperación para o francés, Caroline Natali .

Programa do acto de Graduación