Arquivo da categoría: Alumnos

Actividades extraescolares non organizadas por un departamento, como as excursións de fin de curso ou as ceremonias de graduación.

“Viaxe Europea 2015” Países Baixos – Amsterdam

I amsterdam
I amsterdam

54 alumnas e alumnos da Sección Plurilingüe e este ano tamén os de BACHIBAC realizarán a xa tradicional “VIAXE EUROPEA” co ánimo de que coñecen cidades e países da U.E., este curso a Amsterdam e estarán acompañados de 4 profesores do centro e da Asistente de Linguas Marie-Noëlle Chapelle . As datas da viaxe son do 30 de abril a 4 de maio.

Nesta cidade visitaremos a Casa Museo de Ana Frank, o Museo Vang Gogh, o Rijsmuseum e o Museo da Ciencia NEMO ( o museo de ciencia e tecnoloxía mais importante de Holanda), sen esquecer o paseo polos canais da fermosa cidade de Amterdam, tamén aproveitaremos para coñecer os recunchos mais tradicionais da cidade como o Mercado das Flores , o Mercado de Albert Cuyp, a Praza Dam, o parque Vondelpark etc…

As avoas contan

O 5 de marzo celebrouse no instituto un encontro emotivo e dos que non se esquecen. Foi unha homenaxe ás mulleres traballadoras e tivo por protagonistas ao alumnado de primeiro de ESO e catro avoas.

Durante dúas horas o alumnado e profesorado escoitamos falar da vida cunha intensidade conmovedora. Foi unha lección maxistral de como abordar, da maneira máis sinxela, grandes temas complexos como o alcolismo e a súa influenza na familia, a seguridade vial, a necesidade de unirse para cambiar situacións e salvar vidas, a educación e o coñecemento como camiño para ser libres, na escola e mais tamén ao longo de toda a vida. Caer e volver a levantarse, sempre, outra vez.

Ao día seguinte fíxose a valoración. Unha alumna dixo: “Cando rematou o acto eu o que tiña era moitas ganas de abrazalas”. Mirei a reacción do grupo. Na atmosfera estaba un mesmo sentimento. A clase asentía de xeito unánime.

Grazas infindas avoas: Jeanne Picard, Josefa Fernández Costas, Manuela Fernández Leis e Aurora Roel Muñiz.

Manuela e Aurora estiveron representadas polos seus netos Iago Ruibal Lago e Daniel Sánchez Mosquera de 4ª de ESO. Oradores capaces de transmitir os seus sentimentos, amenos e simpáticos que fixeron da dura vida das súas avoas un conto cheo de humor.

A vós, Iago e Daniel, tamén moitas grazas.

Visita a Edar

O pase de diapositivas require JavaScript.

O 28 de xaneiro, o alumnado de Bioloxía de 4º da ESO e o de Ciencias da Terra e Ambientais de 2º de BAC realizou un visita á Estación Depuración de Augas Residuais (EDAR) ubicada en Bens e que presta servicios aos Concellos de Oleiros, Culleredo, A Coruña, Cambre e Arteixo .

Foron atendidos polo director xeral e un técnico da empresa que, nun primer momento, fixeron unha exposición da razón de ser deste proxecto, os procesos que siguen ás augas residuais que chegan á estación, a necesidade de concienciarnos todos da importación destes tratamentos para o medio ambiente e da necesidade dun correcto uso da rede de alcantarillado.

A continuación realizouse un percorrido polo exterior seguindo o proceso de depuración desde a entrada na estación ata a saida das augas polo emisario cara o mar pasando polos procesos de cribado, decantación, tratamiento biolóxico e tratamento de lamas.

Sotavento

Participou nesta visita o alumnado de Física e Química de 4º da ESO, 1º e 2º BAC xunto con PDC de 4º da ESO.

O contido da visita centrouse nas enerxías renovables e na eficacia enerxética. Aínda que non foi posible visitar o aeroxerador polas condicións meteorolóxicas, resultou moi positiva tanto na información transmitida como no trato recibido.

Os elementos que máis chamaron á atención do alumnado foi o coche eléctrico e a casa bioclimática. A visita resultou moi proveitosa polos coñecementos aportados para aproveitar as enerxías naturais e coñecer as vantaxes das enerxías alternativas e renovables.

Imos de exposicións

Como peche do primeiro trimestre, o alumnado de 1º da ESO visitou as exposicións “A vangardas das formas”, sobre a obra cerámica de Isaac Díaz Pardo, e “O Ártico rompe”, que presenta como é este lugar do noso planeta e o papel que desempeña na nosa vida.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Para a realización desta actividade desprazáronse aos Cantóns da Coruña ao Centro Socio Cultural A Fundación e á carpa da Obra Social “La Caixa”.

Novos mediadores do Neira Vilas

Dende o pasado mércores 5 de novembro ata o 10 de decembro desenvolveuse no centro cultural A Fábrica de Perillo un novo Obradoiro de Formación en Mediación Escolar.

Este obradoiro está promovido polo concello de Oleiros e contou con 12 horas de formación que foron impartidas todos os mércores de 16:30 a 18:30.

Neste curso formáronse 16 novos mediadores, 12 de primeiro de ESO e 4 de segundo de ESO. Un gran éxito de convocatoria. Os novos mediadores xa forman parte do Equipo de Convivencia e Mediación.

Parabéns a todos e o noso agradecemento a Octavio, que impartiu a Formación, e á Concellería de Cultura do Concello de Oleiros, que nos apoia neste proxecto e nos axuda a mantelo vivo.

Obradoiro de estarcido

O pase de diapositivas require JavaScript.

O Proxecto de Desenvolvemento Creativo do Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa trouxo ao noso instituto ao artista plástico Nine que desenvolveu un obradoiro de iniciación ao estarcido co alumnado de 1º da ESO.

Cada un dos dous grupos tivo unha sesión de traballo de tres horas os días 24 e 27 de novembro, respectivamente. Nesa sesión recibiron unha introducción a esta técnica milenaria que permite plasmar calquiera imaxe en calqueira superficie.