O Concello de Oleiros en data 17/10/2024 mediante Resolución nº 2024005442 ao abeiro da “Convocatoria de subvencións a asociacións de nais e pais, entidades culturais, veciñais e sociais do Concello de Oleiros para a realización de actividades no ano 2024″ resolve conceder unha subvención de 5339,67 euros ao ANPA Arce IESP Xosé Neira Vilas para as actividades de: English Club, Taller defensa persoal, Obradoiro Educación Emocional, Taller
técnicas de estudio e Limpieza de praias.
Arquivo da categoría: Anpa
Aviso importante sobre a Asemblea Xeral Ordinaria
Estimadas familias, queremos comunicar que na próxima asemblea do día 7 de novembro o actual equipo directivo do ANPA non presentará a súa candidatura para continuar nos seus cargos, polo que para que o ANPA poda continuar coas súas funcións, levando a cabo actividades como: a doazón de libros, técnicas de estudo, actividades extraescolares etc… é necesario que outros pais e nais tomen a substitución na xunta directiva. Dado a importancia desta asemblea esperamos contar coa vosa participación. Anexamos a convocatoria onde se fai constar este punto de forma explícita.
CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
Convócanse a todas as familias socias e invítanse a todas as familias non socias a unha asemblea xeral ordinaria da Asociación de nais e pais do IESP Xosé Neira Vilas.
-
- Data: Xoves 7 de novembro de 2024
- Hora:
-
- 18:30 en 1ª convocatoria
- 19:00 h en 2ª convocatoria
-
- Lugar: IESP Xosé Neira Vilas
ACTIVIDADE ANPA DE ENGLISH CLUB
Enviámosvos a información sobre a actividade de English Club que organizamos desde a ANPA Arce Neira Vilas e a ligazón donde podedes acceder ao formulario de inscrición.
FORMULARIO de inscrición aquí.
Reparto dos libros doados á ANPA
O reparto dos libros de texto doados á ANPA terá lugar o 11 de setembro, primeiro día de clase, en horario lectivo.
O alumnado recibirá, directamente na súa clase, o lote que lle fose asignado tras a súa solicitude.
Lembramos que as familias socias da ANPA teñen prioridade na distribución dos libros e no número deles asignados.
Desde a directiva do anpa queremos agradecer especialmente a colaboración das familias que doaron libros e fixéronse socias facendo posible que así o anpa poida continuar levando esta e outras iniciativas.
FONDO DE LIBROS CURSO 2024 – 2025
– Doazóns: Queremos, unha vez máis, salientar a importancia das doazóns, fan falta en todos os cursos pero especialmente nos cursos de 2º e 4º da ESO (neste momento, por exemplo, non dispoñemos de ningún manual de matemáticas A para prestar), sen elas somos conscientes de que moitas peticións quedarán sen cubrir, cousa que vai en detrimento de todas as familias do centro. Animádevos a doar, aínda estamos a tempo!
– Recollida: Tanto as devolucións como as doazóns serán recollidas na conserxería do centro en horario de 9:00 a 13:00, rógase que se entreguen xunto coa folla destinada a ese fin debidamente cuberta.
– Reparto: Por todo o comentado anteriormente a entrega dos libros en préstamo para o curso 24-25 finalmente levarase cabo en setembro, necesitamos que todos os manuais sexan devoltos e esperamos que nestes días de matrícula máis familias anímense a colaborar coas súas doazóns.
– Solicitudes: Ao final de esta entrada tedes as fichas de solicitude de libros en préstamo, que unha vez cuberta (datos do encabezado e o apartado “solicita”) será reenviada ao noso correo electrónico: anpaneiravilas@gmail.com, ou depositada no buzón da ANPA no instituto.
– Na seguinte ligazón tedes o decálogo de funcionamento do fondo de libros: https://iesneiravilas.es/anpa-2/
Información relativa ao fondo de libros 2024-2025
– Devolución dos manuais prestados: levarase a cabo o día 21 de xuño en horario lectivo de 8:30 a 10:10 polo que rogamos que ese dia os nenos e nenas leven os manuais que teñen en préstamo, así como aqueles que vaian doar.
– Doazón de manuais: todas aquelas familias que desexen doar libros para o fondo poderá entregalos no mesmo momento da devolución o día 21, (tamén se recollerán as doazóns dos grupos de 2º da ESO). Aproveitamos para lembrarvos a importancia de este acto de solidaridade e para agradecervos esta colaboración que fai que desde o ANPA podamos continuar con este labor.
– Solicitude de libros para o curso 2024-2025: En canto teñamos a confirmación dos manuais a usar no curso 24-25, previsiblemente nos próximos días, farémosvos chegar a información xunto co documento de solicitude dos mesmos.
– A entrega dos manuais do próximo curso realizarase a finais de xuño – principios de xullo nos días de matriculación, concretaremos datas e horarios nos próximos días.
Lembrarvos que para poder ser beneficiarios do préstamo de libros é imprescindible a devolución de todos os manuais prestados para este curso que termina e informarvos que como todos os anos, os socios do ANPA terán preferencia no préstamo sobre as familias que non son socias. Podédes consultar o décalogo de préstamo aquí.
Deixámosvos aquí a ficha de alta como socios do ANPA no curso 2024-2025 para todas as familias que así o desexen.
I CONCURSO DE DESEÑO DE MARCAPÁXINAS
CHARLA SOBRE TÉCNICAS DE ESTUDO PARA AS FAMILIAS
O vindeiro luns, 15 de abril, ás 19:00 h. terá lugar no instituto unha charla sobre técnicas de estudo dirixida ás familias do noso alumnado e impartida por Belén Pérez Sanmartín, pedagoga do Gabinete psicopedagóxico Eleeméntal de Perillo. A actividade, organizada e subvencionada pola ANPA Arce do noso centro, ten o obxectivo de informar e dotar ás familias dalgunhas das ferramentas de estudo, organización, planificación do traballo, concentración, etc. sobre as que versaron os talleres de técnicas de estudo impartidos pola mesma profesional a diversos grupos da ESO ao longo do curso. Deste xeito, preténdese que se poida reforzar o uso de ditas ferramentas na casa e facelas máis efectivas para o beneficio do noso alumnado. Agardámosvos!
Actividades co alumnado
Nestes días realizáronse diversas actividades con alumnado do Neira.
Sesións de defensa persoal impartidas ao alumnado de 4º ESO e 1º de BACH, organizadas pola ANPA en colaboración co Departamento de EF do noso centro. Esta foi a primeira sesión das tres das que consta o breve cursiño introdutorio que imparten a xente da Asociación Galega de Bujutsu Sosei.
Encontro coa escritora Antía Yáñez no auditorio da Fábrica, quen lles falou este martes ao alumnado de 3º ESO da súa obra Non penses nun elefante rosa e doutros títulos da súa produción.
Sesións enmarcadas no Programa para o fomento da lectura que ofrece a Biblioteca de Rialeda, a onde acudiu o noso alumnado de 2º ESO para escoitar a Charo Pita contando varios dos relatos mitolóxicos incluídos nas Metamorfoses, de Ovidio.