Arquivo da categoría: Biblioteca

Roteiro cultural

Os días 5 e 6 de xuño tivo lugar o Roteiro cultural que organiza o Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais, o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros, o IES Neira Vilas e o IES Miraflores. Este ano participou, ademais de alumnado doutros centros do concello, as rapazas e rapaces de 3º da ESO do IES Neira Vilas, coordinados polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Equipo da Biblioteca, o Departamento de Lingua Galega e o Departamento de Plástica. Seguir lendo Roteiro cultural

Paisaxe e parques naturais

Baixo a dirección de Natalie Honan, auxiliar de conversa de inglés, e coa colaboración das profesoras Esther Díaz e Natalia Val, do departamento de plástica, e Mercedes Dopico do departamento de inglés, os alumnos de 1º ESO participaron no proxecto a paisaxe.
Elixiron un parque natural e buscaron información sobre o mesmo. Despois escribiron unha tarxeta postal imaxinando que o estaban visitando e contaron o que estaban a facer. Por último, debuxaron o parque e destacaron algunas das súas características e as actividades que podían facer alí. O seu traballo pódese ver no corredor do instituto.

 

A paisaxe e receitas

Baixo a dirección das profesoras Natalia Val, do departamento de plástica, Gloria Pérez, do departamento de inglés, e Natalie Honan, auxiliar de conversa desta lingua, os alumnos de 3º B ESO participaron no proxecto do centro, a paisaxe, coa elaboración duns posters.

Despois de selecionar os países sobre os que ían traballar, elixiron fotos representativas da paisaxe dos mesmos e unha receita dun doce ou comida representativa, que escribiron en inglés. Finalmente, debuxaron unha mostra do prato cociñado e fixeron unha composición con todos eles, que está exposta no corredor do centro.

O Día Mundial da Poesía con Sentimentos de cor

Para celebrar o 21 de marzo, Día Mundial da Poesía, o Equipo da Biblioteca en colaboración co Departamento de Lingua Galega e o Equipo de Dinamización da Lingua expón no corredor do centro a escolma poética Sentimentos de cor. Os texos foron escritos polo alumnado de 2º A. Cada poeta tiña asignado un sentimento que debía relacionar cunha cor. Na súa composición debía integrar unha hipérbole, unha personificación, unha metáfora e unha comparación. Seguir lendo O Día Mundial da Poesía con Sentimentos de cor

Visita á Biblioteca Rialeda

O martes 3 de abril o alumnado de 4º da ESO acudiu á biblioteca Rialeda a un espectáculo poético visual a cargo de Yolanda Castaño. A actividade organizada desde a Rede de Bibliotecas Municipais contou coa colaboración no centro do Equipo de Biblioteca, O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Departamento de Lingua Galega.

NeiraTED

NeiraTEDO venres 9 de marzo de 2018, con 3º ESO como escoitantes e espectadores activos, un grupo de entusiastas profesoras e profesores do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas puxeron en práctica a primeira sesión experimental de conversas educativas “NeiraTED” -inspiradas nos monólogos educativos da canle TED-, en torno á temática da paisaxe. Con diversas e complementarias metodoloxías, e durante dúas horas intensas, NeiraTED amosouse como unha transclase, interclase ou multiclase que tratou de rachar cos muros tradicionais existentes nas aulas diarias.

Esta é a primeira parte dun proxecto que terá a súa contrapartida, no terceiro trimestre, na contra-clase TED do alumnado.

Enlace á  presentación.

Vídeo da actividade

Concurso de fotografía científica

O 21 de decembro elexíronse as gañadoras do “Concurso de Fotografía Científico-Matemático” organizado por vicedireción, departamento de Física e Química e departamento de Educación Plástica. Dito concurso englóbase dentro do proxecto interdisciplinar de centro coordinado pola Biblioteca e cuxo título é “A Paisaxe”. Dende aquí a nosa noraboa ás alumnas: Irene Rodríguez (1ª clasificada), Orleni Mateo (2ª clasificada) y Clara María Bode (3º clasificada). Seguir lendo Concurso de fotografía científica