
Visita á AEMET do alumnado de Xeografía de 2º de bacharelato

O pasado martes 30 de outubro Guillermo Huelin, Victoria Prado, Irene Rodríguez, Iris Lopetegui, Clara Bode e Lucía Hermida formaron parte do xurado do Premio San Clemente Rosalía-Abanca, xunto con outros estudantes de diferentes institutos tanto galegos coma doutros países. Seguir lendo Estudantes de 2º de bacharelato forman parte do xurado do Premio Literario San Clemente
Neil Armstrong é retratado polo cineasta Damien Chazelle na súa esfera privada e profesional en “First Man”, un filme que tenta contarnos minuciosamente a “década bisagra” do enxeñeiro que pisou por primeira vez o noso satélite -á par que radiografía as dificultades no camiño cara ao obxectivo final. O alumnado de 4º ESO e 1°de Bacharelato tivo ocasión de acudir a unha proxección no cine este 22 de outubro de 2018, a menos dun ano da efeméride da primeira alunizaxe.
O equipo de biblioteca promove un concurso de argumentos orixinais que teñan como motivo inspirador o noso satélite.
Todo isto forma parte do proxecto interdisciplinar “Viaxes” deste curso 2018/19.
Para estimular a participación o luns 22 de outubro este equipo da biblioteca levará ao alumnado ao cine!
O alumnado de 3º ESO participou na actividade de remo e kaiak impartida polo Clube de Remo Perillo, en diferentes quendas: mércores 3 3º ESO B e o venres 5 unha parte do alumnado de 3º ESO A.
Os monitores, entre os que figuraban exalumnos do centro, contribuíron moi positivamente a que os participantes desfrutasen dos deportes náuticos.
A actividade foi subvencionada na súa totalidade polo Concello de Oleiros. Seguir lendo Iniciación ao remo e kaiak 3° ESO
O pasado martes 2 de outubro rematou o intercambio de 4º de ESO co Schule Eins de Pankow (Berlín). Durante estas dúas semanas o noso alumnado realizou diversas actividades educativas, culturais, deportivas e de ocio; tanto en Alemaña coma na nosa contorna. Dende a dirección do instituto agradécese a excelente acollida das familias e a boa actitude dos estudantes durante todo o intercambio.
O mércores 25 e o sábado 29 de setembro o alumnado de 4º ESO participou na actividade de iniciación ao surf impartida pola escola Prado Surf, organizada polo departamento de Educación Física e subvencionada na súa totalidade polo Concello de Oleiros.
Seguir lendo Iniciación ao surf