Arquivo da categoría: Curso Actual
DÍA DAS ESCRITORAS NO NEIRA VILAS
VISITA DO ALUMNADO DE VANNES NO INICIO DO DÉCIMO ANIVERSARIO DA IMPLANTACIÓN DO BACHIBAC NO NOSO INSTITUTO
Desde este xoves 10 de outubro ata o vindeiro día 18 temos o pracer de recibir no noso centro ao alumnado do Lycée Saint-François-Xavier de Vannes (Bretaña, Francia), co que iniciamos o intercambio dos/as nosos/as estudantes de Bachibac 1 o pasado mes de febreiro. Durante a súa estadía, destinada a mellorar a súa competencia en castelán e o seu coñecemento da cultura galega e española, o alumnado francés asistirá a clases no instituto, realizará diversas excursións e actividades culturais e residirá coas familias dos/as seus/súas correspondentes galegos.
CERTAME LITERARIO DE SAMAÍN
Este Samaín anímate a participar no Certame Literario e, ademais de gañar saborosos premios, poderás asustar literariamente a quen se atreva a mergullar entre urcos, lumias e paisaxes estarrecedoras. Serás quen de contar todo iso en vinte liñas?
Le, atentamente, as bases e déixanos a túa narración antes do 25 de outubro de 2024 no Departamento de Lingua Galega e Literatura ou no de Dinamización Lingüística.
Veña! Non lle deas máis voltas! Estamos desexando ler o teu relato!
ACTUALIZACIÓN DAS NORMAS DE ORGANIZACIÓN, FUNCIONAMENTO E CONVIVENCIA (NOFC) DO CENTRO
O día 1 de outubro de 2024 entrou en vigor a nova versión, actualizada e revisada, das Normas de organización, funcionamento e convivencia do centro. Segundo se establece na normativa, ditas normas son de obrigado cumprimento para todos os membros da nosa comunidade educativa. Por esa razón, son públicas e poden consultarse na páxina web do instituto, no apartado “Documentos do centro”, así como neste enlace.
INICIO DA HORA DE LER
Desde este luns, 30 de setembro, comezou a desenvolverse no noso centro a “Hora de ler”, unha iniciativa de fomento da lectura, coordinada desde a Biblioteca, que leva funcionando xa moitos cursos con gran éxito.
Cada día, nunha hora diferente segundo a semana recollida no calendario da actividade, adicaranse 20 minutos á lectura libre e individual por parte do alumnado da ESO. Para iso, deben traer o libro que queiran da casa ou ben collelo en préstamo na biblioteca. Só se permite o uso de libros en papel ou en formato electrónico (eBook), pero non se poderán usar nin móbiles nin ordenadores E-Dixgal para esta actividade.
Boas lecturas!
REUNIÓNS DAS FAMILIAS CO PROFESORADO TITOR
ACTIVIDADE ANPA DE ENGLISH CLUB
Enviámosvos a información sobre a actividade de English Club que organizamos desde a ANPA Arce Neira Vilas e a ligazón donde podedes acceder ao formulario de inscrición.
FORMULARIO de inscrición aquí.