Arquivo da categoría: Curso

ARRANXO DUNHA PARTE DA FACHADA

Ao longo deste curso a Unidade técnica do Departamento territorial de A Coruña da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional procedeu ao arranxo da fachada lateral de entrada do noso instituto, así como de parte da fachada posterior. Esta intervención foi paralela a outras accións de mellora das nosas instalacións que se levan acometendo desde o centro desde o verán de 2024, incluíndo a instalación de novos paneis dixitais para todas as aulas, asignados pola Consellería no marco do programa E-Dixgal, o acondicionamento e pintado das aulas do andar superior, que quedaran pendentes o curso anterior, así como outros pequenos arranxos para mellorar o espazo no que a comunidade educativa desenvolve o seu traballo cada día.

XORNADA DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL PARA O ALUMNADO DE 4º ESO E 2º BACHARELATO

O pase de diapositivas require JavaScript.

febreiro de 2025 celebrouse no Pavillón Arsenio Iglesias de Santa Cruz a IV Feira de Orientación académica e profesional do Concello de Oleiros, dirixida ao alumnado de 4º ESO e 2º Bacharelato.

Trinta e unha entidades entre as que se atopan Universidades, Dirección Xeral de Formación Profesional e centros de FP, escolas públicas e privadas de distinta índole (hostalería, finanzas, pilotos e persoal de cabina, artes gráficas, escola de artes e deseño, imaxe e son,…), academias, Forzas Armadas e Garda Civil, entre outras, informaron durante todo o día sobre as diferentes alternativas académicas e profesionais a disposición do alumnado. Seguir lendo XORNADA DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL PARA O ALUMNADO DE 4º ESO E 2º BACHARELATO

Encontro con Paula Carballeira

En 2025 as institucións e as diversas entidades da sociedade civil reúnense para celebrar o legado artístico, político e social de Daniel Alfonso Rodríguez Castelao. O IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas axunta o seu gran de area, nesta celebración do Ano Castelao, cun marabilloso e inesquecible encontro coa dramaturga Paula Carballeira.

Daniel no peirao é unha obra que recrea a infancia de Castelao nun mundo cheo de ilusións e de retratos. A este universo teatral viaxou o alumnado de 1º ESO, este luns 17 de febreiro, da man da súa autora para interpretar un anaquiño da peza, para aprender as tremoias da escrita teatral e ata algún truquiño que usaremos nas aulas de lingua.

Moitas grazas, P. Carballeira por compartir con nós esta mañá tan fantástica!

Festival Falando a Boca Chea

O pase de diapositivas require JavaScript.

O Festival Falando a Boca Chea inicia unha nova edición e grazas ao SNL do Concello de Oleiros, o alumnado de 2º da ESO participa deste encontro de narración oral que nace en 2017 e que, cada ano, medra máis e máis.

Nesta ocasión, o venres 7 de febreiro o improvisador Josiño da Teixeira fixo un percorrido pola historia dos brindos e as regueifas que nos deixou de boca aberta. Que impresión coñecer as conexións que nos unen a Cuba, a Portugal ou ao País Vasco entre moitas outras culturas! Nin que dicir ten que nós tamén queriamos formar parte desta historia e aló nos botamos a regueifar seguindo as indicacións de Josiño da Teixeira! Seguir lendo Festival Falando a Boca Chea

OBRADOIROS DE TÉCNICAS DE ESTUDO

O martes 11 de febreiro comezaron a desenvolverse no noso centro os obradoiros de técnicas de estudo, dirixidos ao alumnado de 1º e 3º ESO e organizados e sufragados, como en cursos anteriores, pola ANPA Arce. As sesións, que se prolongarán ata mediados de marzo, son impartidas por Belén Pérez Sanmartín, especialista en técnicas de estudo e pedagoga en “Eleeméntal. Logopedia y Pedagogía”, situado en Perillo. O seu obxectivo é contribuír a dotar ao alumnado das ferramentas precisas para organizar o seu traballo, xestionar o tempo e desenvolver estratexias que permitan mellorar o seu estudo. Para iso, cada grupo traballará nos diversos contidos destes obradoiros durante catro sesións.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

O pasado 11 de febreiro, conmemoramos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia no noso instituto. O alumnado de 2º de ESO traballou na aula para recoñecer as achegas das mulleres á ciencia e reflexionar sobre a importancia de promover a igualdade de xénero neste campo.

A través de diversas actividades e debates, analizamos as contribucións de mulleres científicas históricas e actuais, motivando ao estudantado a perseguir as súas vocacións sen importar o seu xénero.

CALENDARIOS DE FINAL DE CURSO E INSTRUCIÓNS PARA A RECLAMACIÓN ÁS CUALIFICACIÓNS FINAIS

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa publicou a Instrución 2/2025 pola que se concretan prazos e aspectos do procedemento para as reclamacións finais nas etapas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato para o curso 2024/25 (https://www.edu.xunta.gal/portal/node/45674).
De acordo con esta instrución e coas normas de organización, funcionamento e convivencia do centro, establécense os seguintes calendarios de final de curso:
– Para 2º Bacharelato.
– Para a ESO e 1º Bacharelato.