Arquivo da categoría: Curso

ESTREA DE CINE

O vindeiro venres día 6 de outubro ás 20:00 horas na Fábrica de Perillo terá lugar a estrea da curtametraxe “A lenda da monxa” dirixida e producida por un grupo de alumnado e profesorado dentro do contrato-programa INNOVA. A entrada será de balde e está invitada toda a comunidade educativa

REUNIÓNS DAS FAMILIAS CO PROFESORADO TITOR

A vindeira semana terán lugar as reunións entre as familias e as persoas titoras de cada grupo co fin de coñecerse e de informar sobre a organización deste curso académico.
O día e hora das reunións será a seguinte:
1º, 2º e 3º ESO: Martes, 26 de setembro, ás 18,30 h.
4º ESO, 1º e 2º Bacharelato: Mércores, 27 de setembro, ás 18,30 h.
Os/as asistentes serán recibidos/as polo equipo directivo no Salón de actos para, a continuación, reunirse co profesorado titor dos/as seus/súas fillos/as na aula de referencia do grupo.

Concurso “A banda sonora do Neira Vilas”

O concurso ten como obxectivo seleccionar a música dos recreos.

Para participar haberá que:
1º Crear un arquivo de audio mp3 duns 16 minutos de duración coas  cancións elixidas.
2º Enviar ese arquivo por correo electrónico a: vicedirerección@iesneiravilas.es

As propostas seleccionadas soarán ao longo dun mes. O alumnado creador de ditas propostas entrará nun sorteo dun pequeno agasallo que se realizará ao inicio do mes seguinte.
Vicedirección resérvase o dereito de excluír aquelas propostas que considere inapropiadas para este concurso.

Actividades extraescolares 2023-2024

Durante o curso 2023-2024 o ANPA Arce do IES Xosé Neira Vilas oferta varias actividades os xoves pola tarde. Estas actividades darán comezo previsiblemente o 5 de outubro.

A primeira clase poderá ser de proba e se despois de acudir, o menor e a familia deciden non continuar, non se cobrará a primeira cota.

 

DEFENSA PERSOAL

Nesta actividade aprenderanse técnicas de defensa e autoprotección destinadas a preservar a integridade física e aumentar a seguridade nun/nunha mesmo/a a través do respecto aos demais e a disciplina.

Horario: xoves de 16.45 a 17.45

Custo: 18€ (custo para un mínimo de 20 participantes) socios/as

 

Seguir lendo Actividades extraescolares 2023-2024

Reparto dos manuais do banco de libros

 Información relativa á entrega dos manuais do fondo de libros.
 
Entrega de manuais: O luns ao longo da mañá serán entregados en horario lectivo os libros adxudicados aos alumnos que así o solicitaron. Lamentablemente nalgunhas materias hai mais solicitudes que libros no fondo, así que este ano non se puido cubrir toda a demanda.

Devolución de libros do curso pasado: Rogamos a aquelas familias que aínda non devolveron os manuais fágao o máis axiña posible, desta forma poderemos satisfacer máis peticións nos casos de alumnos que nesta primeira repartición quedaron sen eles.

Doazón: aproveitamos  para lembrarvos a importancia das doazóns de libros, sen elas non se poderá seguir levando a cabo este proxecto que tanto axuda ás familias. O número de manuais doados descendeu e con iso as solicitudes que desde o ANPA podemos resolver favorablemente. Por iso animámosvos a doar, aínda estades a tempo!

Un saudo e feliz comezo de curso