Arquivo da categoría: Curso
Licitación da contratación de servizos en cafeterías escolares
Publicouse o anuncio de licitación da contratación da concesión dos servizos de cafeterías en 108 centros escolares da provincia de A Coruña.
Este anuncio está publicado no perfil do contratante da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (https://www.
- As proposicións presentaranse a través da plataforma de licitación electrónica da Xunta de Galicia (SILEX) aloxada na dirección:https://www.
conselleriadefacenda.es/silex - Información complementaria.
Día do medio ambiente 2020
Con ocasión do Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño), damos publicidade a unha serie de videos que teñen por obxecto entrevistar a profesorado e adultos en torno ao tema do cambio climático.
A realización destas entrevistas, por parte de alumnado de 4º ESO, foi supervisada no primeiro trimestre deste curso académico pola profesora de Lingua Castelá María Dans.
- Consúltense os videos íntegros nesta ligazón.
Interdisciplinariedade grega #NaCasa_NV
Horario 2º Bach. presencial tralo 25 de maio 2020
Contactar en estado de alarma
Diante da necesidade de continuar co ensino a distancia neste período, publicamos –DE CARA ÁS FAMILIAS DA COMUNIDADE EDUCATIVA, unha guía cos métodos de seguimento de aulas online por parte do profesorado de cada curso e o contacto preferente co profesorado en caso de dúbida. Pódese consultar -facendo click- na ligazón PDF ou ben en Calaméo.
SAÚDE A TODAS E TODOS!!!
Semana das Letras 2020
Este ano, a Semana das Letras terá que ser #NaCasa. Mais, desde alí, o alumnado non deixa de traballar, en colaboración coa profesora Patricia Varela. En 2020 homenaxeamos a Ricardo Carvalho Calero.
Malia a que o COVID fixo que a Real Academia Galega trasladase ao mes de outubro a celebración na honra de D. Ricardo Carvalho Calero, o alumnado de 3º ESO do IES Neira Vilas quixo renderlle homenaxe con varias actividades lúdicoinformativas realizadas durante a corentena.
#CienciaNaCasa_NV
O domingo 10 de maio de 2020 íase celebrar o Día da Ciencia na Rúa en A Coruña, e este centro ten hábito de participar.
Este ano, dadas as circunstancias, non se pode facer. Por iso o sustituimos polo día da #CienciaNaCasa_NV. Aquí colgaremos, polo tanto, algunhas das actividades realizadas polo alumnado nas súas propias casas.
Contactar en estado de alarma
Diante da necesidade de continuar co ensino a distancia neste período, publicamos –DE CARA ÁS FAMILIAS DA COMUNIDADE EDUCATIVA, unha guía cos métodos de seguimento de aulas online por parte do profesorado de cada curso e o contacto preferente co profesorado en caso de dúbida. Pódese consultar -facendo click- na ligazón PDF ou ben en Calaméo.
SAÚDE A TODAS E TODOS!!!
Collages #NaCasa_NV
O alumnado de 1º ESO, coordinado pola profesora Victoria Fernández, realizou #NaCasa una serie de collages de grande mérito. Pódense ver nesta ligazón ou facendo click sobre a imaxe de entrada.
* E, de regalo, un cómic de Itziar Martínez.