Arquivo da categoría: Curso

CONCURSO A TÁBOA PERIÓDICA E GALICIA

Os carteis presentados por tres alumnas de 3º de ESO: Ada Agasar, Marta Cabo  e Cristina Vázquez, foron seleccionados entra os 30 finalistas do concurso Táboa Periódica e Galicia, organizado pola Facultade de Química da USC.

O día 24 de maio acudiron á citada facultade de Santiago para expoñer os seus carteis e participar no acto de entrega de agasallos. Seguir lendo CONCURSO A TÁBOA PERIÓDICA E GALICIA

ENCONTROS NA NATUREZA: O COUREL

Do 22 ao 24 de maio o alumnado de 1º de ESO ten a oportunidade de participar nunha actividade medioambiental nun entorno natural privilexiado: A Serra do Courel. Esta actividade realízase dentro do programa Aprender na Natureza promovido polo Servizo Municipal de Educación do Concello de Oleiros

Seguir lendo ENCONTROS NA NATUREZA: O COUREL

GRADUACIÓN 2º BACHARELATO 2018/2019

O xoves 16 de maio celebrouse no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera a graduación do alumnado de segundo de bacharelato. Despedimos neste acto a unha promoción de estudantes que rematan a súa escolaridade no IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas formados como persoas responsables e críticas, preparados para a nova etapa que comenzan. Seguir lendo GRADUACIÓN 2º BACHARELATO 2018/2019

FELICITACIÓNS AO ALUMNADO BACHIBAC

En nome de toda a comunidade educativa, queremos felicitar aos estudantes  da promoción Bachibac 2019, que recibiron na data de hoxe os resultados da Proba Externa do BACCALAURÉAT (Bacharelato Francés), superada por todos eles con excelentes resultados.  Facemos extensiva a citada felicitación ao profesorado implicado no programa.

Desexámoslles unha feliz andadura nesta nova etapa que agora comezan. Noraboa!

GALICIENCIA 2019

Un grupo de 23 alumnos e alumnas do instituto visitou na mañá do 10 de maio os stands de Galiciencia na Tecnópole de Ourense. Alí coñeceron diversos proxectos científicos levados a cabo en centros de ensino galegos e doutras CCAA, nos que a posta en práctica de aplicacións móbiles para a realización efectiva de deporte de cara a previr enfermidades cardiovasculares, a posta en marcha dun alcoholímetro dixital co obxecto de previr unha condución temeraria ou a erradicación das velutinas a través dun fungo que resulta mortal para elas tiveron acollida especial entre o xurado do certame e entre o noso propio alumnado. Outras moitas experiencias enriqueceron a visita. Seguir lendo GALICIENCIA 2019

CIENCIA NA RÚA 2019

O sábado 4 de maio celebrouse no parque de Santa Margarida a XXIV edición do “Día da Ciencia na Rúa”, actividade organizada pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias.

Un  ano máis, o IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas estivo presente nunha das carpas da citada celebración, coa participación dun numeroso grupo de estudantes, coordinados polas profesoras María Blanco  e  María José Fandiño. Seguir lendo CIENCIA NA RÚA 2019

VIAXE EUROPEA 2019

Os participantes na Viaxe Europea chegaron a Atenas a primeira hora da mañá do día 28 de abril. Forman parte desta expedición, de enriquecemento cultural, 55 estudantes de diferentes cursos (de tódolos niveis de ESO e 1° de bacharelato) e cinco docentes: Jorge Calle López, Xosé Antón García González, Pilar Morandeira Roel , Francisco Rodríguez  e Carlos Vidal López. Seguir lendo VIAXE EUROPEA 2019