
O alumnado de Cultura Científica de 1º de Bacharelato participou o día 12 de decembro nun obradoiro na Domus (A Coruña) para investigar como funciona a vacina do VIH. Nesta actividade aplicaron o procedemento para desenvolver unha vacina que podería protexernos deste virus, afondaron no coñecemento das variantes do VIH e analizaron a eficacia da citada vacina.
O alumando de 1º de ESO participou os pasados días 8, 15 e 22 de novembro nunhas sesións de Body-Box, impartidas para cada grupo por especialistas na materia no ximnasio da Piscina Municipal de Perillo.
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de comunicar ao noso centro que foi mercedor do LABELFRANCEDUCATION do MINISTERIO DE ASUNTOS EXTERIORES de Francia.

O pasado luns, 19 de novembro, varios profesionais de Inditex estiveron co alumnado de 4º de ESO para contarlles, en primeira persoa, as súa propia experiencia laboral.
O pasado luns 12 de novembro estivo no instituto a escritora Paula Carballeira, compartindo co alumnado de 2º de ESO unha actividade de Dinamización da Lingua Galega: Historias de Arrepío.
Convócase a segunda edición do Concurso de fotografía do IES Pluringüe Xosé Neira Vilas que, nesta convocatoria, ten coma eixo central “A Lúa”. O prazo de presentación de imaxes estará aberto ata o vindeiro 19 de decembro.
…Para comprobar como se realizan as medicións analóxicas de temperatura, precipitación, presión e ventos no xardín do Observatorio,… Para comprobar como a radio-sonda lanzada dúas veces por día transmite informacións sobre a atmosfera en altura,… Para conhecer como se traballa na web da Axencia Estatal de Meteoroloxía,… Para preguntar sobre meteoros, catástrofes naturais e cambio climático antropoxénico.