Arquivo da categoría: Departamento de Educación Física

Andaina

Nun día de outono orballento, o 12 de novembro, e seguindo a iniciativa de @ConcelloOleiros, o noso centro educativo sumouse ao reto de camiñar contra a obesidade, no que participaron profesorado e alumnado de 3º e 4º ESO.

Velaquí algunha imaxes da andaina.

Festa de outono

O luns 11 de novembro, o IES celebrou a súa festa de outono 2019, cunha colaboración significativa de alumnado e profesorado. As actividades, variadas, incluíron unha serie de relatos e conxuro de magosto, ademáis dunha explicación das orixes do Samaín [ver PDF]; unha serie de cartaces aleccionadores sobre a festa do magosto, un obradoiro de cabazas de papel -levado a cabo polo alumnado de 1º Bach.-, unha serie de xogos populares e o propio magosto -que permitíu degustar castañas á comunidade educativa.

Podedes ver algúns intres da celebración nesta ligazón.

Surf 2019

O alumnado de 4º ESO, baixo a supervisión dos profesores Isa Moar e Jorge Calle, practicaron surf  (“deporte náutico que consiste en manterse en equilibrio sobre unha táboa especial, desprazándose pola zona na que as ondas empezan a romper.” -dicionario da RAG dixit) na praia de Bastiagueiro, no arranque deste curso académico [unha actividade financiada polo concello de Oleiros]. Velaquí algunhas estampas que nos deixou a actividade.

SENDEIRISMO E KAIAK NAS FRAGAS DO EUME

O venres 30 de maio, os alumnos/as de 1º de bacharelato, participaron nunha xornada de “SENDERISMO e KAIAK” nas FRAGAS do EUME. O percorrido foi de sete kilómetros de andaina e dous kilómetros polo río. Organizada polo departamento de Educación Física e financiada na súa totalidade polo concello de Oleiros, a actividade transcorreu nun día soleado e sen incidentes.

Máis fotos  lendo máis…   Seguir lendo SENDEIRISMO E KAIAK NAS FRAGAS DO EUME

Sesión de Jugger no Neira Vilas

O pasado 18 de decembro o alumnado de 3º e 4º de ESO participou nunha clase maxistral de Jugger, a cargo dos integrantes do clube GUARDIA VAREGA. Esta actividade foi organizada polo departamento de Educación Física, a proposta de parte do alumnado de 4º de la ESO, que son integrantes do citado clube e participantes da liga galega de JUGGER Seguir lendo Sesión de Jugger no Neira Vilas

Sesión de Body-Box para 1º de ESO

O alumando de 1º de ESO participou os pasados días 8, 15 e 22 de novembro nunhas sesións de Body-Box, impartidas para cada grupo  por especialistas na materia  no ximnasio da Piscina Municipal de Perillo.

Esta actividade foi organizada polo departamento de Educación Física e subvencionada na súa totalidade polo Concello de Oleiros.

Iniciación ao remo e kaiak 3° ESO

remo-outubro-2018O alumnado de 3º ESO  participou  na actividade de remo e kaiak impartida polo Clube de Remo Perillo, en diferentes quendas: mércores 3 3º ESO B e o venres 5 unha parte do alumnado de 3º ESO A.

Os monitores, entre os que figuraban exalumnos do centro, contribuíron moi positivamente a que os participantes desfrutasen dos deportes náuticos.
A actividade foi subvencionada na súa totalidade polo Concello de Oleiros. Seguir lendo Iniciación ao remo e kaiak 3° ESO