Alumnado de 1º e 2º de ESO rematou a formación como mediadores e mediadoras. O Obradoiro de formación foi de seis sesións cunha duración total de 12 horas.
https://orientateenperillo.blogspot.com/2019/02/formacion-de-mediadores-estes-son.html?spref=tw

O día 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía, coincidindo co 182 aniversario no seu nacemento.






O alumnado de 2º de ESO participou o pasado venres 8 de febreiro nunha visita e nun obradoiro de química no MUNCYT. Todos eles realizaron unha actividade experimental na que clasificaron varias substancias pola súa acidez, utilizando un indicador natural que fabricaron in situ con col lombarda.
O alumnado de 3º de ESO visitou o pasado luns 4 de febreiro as instalacións do parque enerxético experimental de Sotavento, o encoro do Eume e o Lago de As Pontes.
O pasado venres 1 de febreiro o alumnado de 1º e 2º de bacharelato asistiu a unha charla, organizada polo Departamento de Orientación, na que se presentou a oferta académica da Universidade de Santiago de Compostela.