Arquivo da categoría: Departamentos

Visita as facultades da Universidade da Coruña

O 4 de marzo o alumnado de 2º de bacharelato realizou esta visita, organizada polo departamento de Orientación, na que puideron coñecer as instalacións, funcionamento e contidos que se imparten en diversas facultades seguindo tres itinerarios distintos en función das preferencias do alumnado. Agradecer á Universidade a organización e atención prestada aos nosos alumnos e alumnas.

Visita Facultades 2º BACH
Foto realizada polo alumno Juan Tejedor de 2º de bacharelato

Os representantes da CIUG no noso centro

xornadas_Ciug_01_2016O  día 12 de Febreiro, estiveron connosco dous relatores da Ciug ( Comisión Interuniversitaria Galega) para realizar unha xornada de orientación dirixida aos alumnos de 2º de bacharelato.
O contido da exposición estivo centrado nas materias, obxecto de examen das probas PAU así como a cualificación e preinscripción. Tamén nos amosaron datos estadísticos sobre a porcentaxe de alumnos que solicitan a reclamación e segunda corrección. Esta cuestión serviu para clarificarnos que a reclamación é importante cando pode haber algún erro na suma dos apartados dun mesmo exercicio de exame.
A segunda parte gardou relación co acceso á universidade, facendo fincapé no riguroso orde de solicitude de titulacións que se debe de facer no momento de preinscibirse na universidade.

Máis información…

Obradoiro “Seguridade nas redes”

FullSizeRender-54-150x150Os días 25, 26e 27 de Xaneiro desenvolveuse o obradoiro “Seguridade nas redes” dirixido ao alumnado de 1º e 2º de ESO. Foi impartido pola empresa de intervención social “Atalaia Social”. Os obxectivos que se pretenderon acadar son:

  • Capacitar ás/ós menores para identificar os riscos nos usos das novas tecnoloxías.
  • Tomar conciencia do uso do poder e da presión a través das Redes: ciberacoso.
  • Traballar aspectos da intelixencia emocional que poden previr a existencia de situacións de ciberacoso: empatía, expresión de emocións, estratexias de autorregulación…
  • Promover o autocoñecemento, proporcionando elementos para apreciar e respetar a propio persoa e ás demais.
  • Descubrir recursos comunitarios onde dirixirse ou poder consultar dúbidas, curiosidades ou posibles problemas.

Máis información…

Descubrindo Oleiros

A alumna Andressa Fernández Amador de 1º A recibiu un dos accésit do premio literario “Descubrindo Oleiros” que convoca o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros, na categoría do primeiro ciclo da ESO. Andressa presentouse ao certame, no que participou alumnado de todos os centros educativos do concello, co relato “Detrás dun andel”. Recolleu o premio, xunto aos outros gañadores, o 22 de decembro no Auditorio da Fábrica. Parabéns, Andressa!

Día da Ciencia en Galego

CGENDL_10_11_2015Un ano máis festéxase o Día da Ciencia en Galego coa colaboración da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua. O día 4 de novembro, as rapazas e rapaces de 3º da ESO participaron da videoconferencia vía web a cargo de Xurxo Mariño Alfonso, biólogo e doutor en Ciencias Biolóxicas pola USC. Introduciu o alumnado no funcionamento da mente humana e en como constrúe a realidade e o propio “eu”.

Páxina da CGENDL

Os outros exilios

As nenas da guerraO día 15 de outubro acompañáronnos no noso centro as “nenas de Moscú”: Araceli Ruiz, Libertad Fernández e Shura Mavova. Unha experiencia vital dura e emocionante. A charla foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia e os alumnos Daniel Sánchez, Angela Fernández, Sandra González e Laura Fernández Lorenzo.
A experiencia da saída de España, mentres bombardeaban os barcos nos que ían os nenos no ano 1937, a vida en Rusia durante a Segunda Guerra Mundial e de novo a fame e os bombardeos, fixo que estas mulleres se convertisen nunhas activistas contra os horrores da guerra e o exilio.
Non puideron ver aos seus pais ata pasados máis de trinta anos porque o réxime franquista non llelo permitía. Foi en Cuba, a onde marcharon moitos destes nenos canda a revolución cubana, cando puideron reencontrase coa familia, grazas a axuda de xente como o “Che” Guevara. Todos ese nenos puideron estudar e ter unha vida digna, pero sempre quixeron volver á casa.
Estiveron connosco as “nenas” de noventa e un, oitenta e seis e oitenta e cinco anos para contárnolo.
O alumnado tivo moito interese en seguir falando coas conferenciantes e continuaron preguntando e fotografándose con elas.

A actividade na prensa:

Ruta do Seixo Branco en bici

bicicleta

O día 7 de novembro (sábado) convócase á toda comunidade educativa (pais e nais, profesorado, alumnado, …) a participar na 2ª ruta ciclista organizada polo centro: A Ruta do Seixo Branco.

A saída será as 9:00  diante da piscina de Perillo. As inscripcións poden facerse na Conserxería do centro.

Cartaz informativo: RutaCiclistaSeixoBranco2015

 

Prevención dos Trastornos da Conduta Alimentaria

charla_anorexiaO pasado 16 de Outubro, María Blanco Suárez,  psicóloga da Asociación de Bulimia e Anorexia de A Coruña impartiu unha charla sobre a “Prevención dos Trastornos da Conduta Alimentaria”, ó alumnado de 4º de ESO.
Os desordes nos hábitos de alimentación teñen unha grande incidencia na etapa da adolescencia. A separación ou divorcio dos pais, a chegada ó Instituto cando non coñeces a ninguén… son exemplos de situacións que alteran a nosa vida e algunhas persoas presentan un desorde adaptativo que pode manifestarse nun trastorno da conducta alimentaria. Os maís coñecidos son a anorexia e a bulimia. As situacións antes citadas, desencadenan pensamentos negativos que algunhas persoas tratan de solventar , alterando os hábitos de alimentación para reducir a ansiedade.

Certificados DELF 2015

Logo DELFExcelentes resultados do alumnado do IES P  Xosé Neira Vilas  nos exames de Francés convocados no mes de xuño polo Ministerio de Educación de Francia.

Os 28 alumnos do Centro acadaron certificados DELF. Este é o diploma que certifica as competencias en lingua francesa para candidatos estranxeiros; os niveis que acadaron son A2 (12 alumnos), B1 (11 alumnos) e B2 (5 alumnos) correspondentes ao Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL). [O alumnado que se presentou era tanto de Secundaria como de Bacharelato].
A nosa máis sincera noraboa!