Concurso “A banda sonora do Neira Vilas”

O concurso ten como obxectivo seleccionar a música dos recreos.

Para participar haberá que:
1º Crear un arquivo de audio mp3 duns 16 minutos de duración coas  cancións elixidas.
2º Enviar ese arquivo por correo electrónico a: vicedirerección@iesneiravilas.es

As propostas seleccionadas soarán ao longo dun mes. O alumnado creador de ditas propostas entrará nun sorteo dun pequeno agasallo que se realizará ao inicio do mes seguinte.
Vicedirección resérvase o dereito de excluír aquelas propostas que considere inapropiadas para este concurso.

Préstamo de libros curso 2023-2024

Información relativa ao fondo de libros 2023-2024

– Devolución dos manuais prestados: levarase a cabo o día 26 coincidindo coa entrega de notas en horario de 10:30 a 13:00.
– Doazón de manuais: todas aquelas familias que desexen doar libros para o fondo poderá entregalos no mesmo horario da devolución. Aproveitamos para agradecervos esta colaboración que fai que desde o ANPA podamos continuar con este labor.
 Solicitude de libros para o curso 2023-2024: achegamos os impresos de solicitude que se entregarán cubertos o mesmo día 26 ou ben poderá ser enviado por correo electrónico ao   mail do ANPA (anpaneiravilas@gmail.com). Este curso cámbianse os libros de 2º da ESO, non coincidindo ningún co curso pasado polo que non será posible facer préstamos neste curso.
– A entrega dos manuais do próximo curso será previsiblemente no mes de setembro, avisarémosvos de data e hora por leste mesmo medio.
Lembrarvos que para poder ser beneficiarios do préstamo de libros é imprescindible a devolución de todos os manuais prestados para este curso que termina (incluídos os de segundo) e informarvos que como todos os anos, os socios do ANPA terán preferencia no préstamo sobre as familias que non son socias. Podédes consultar o décalogo de préstamo aquí.
 Deixámosvos aquí  a ficha de alta como socios do ANPA no curso 2023-2024 para todas as familias que así o desexen. Deberá ser debidamente cumprimentada e entregada en man ou enviada por correo electrónico xunto co xustificante de pago.
Un saúdo e feliz verán.
Impresos solicitude de libros:

QUENDAS DE MATRÍCULA CURSO 2023-24

PERIODO DE MATRÍCULA: DO DÍA 27 DE XUÑO AO 7 DE XULLO

HORARIO: DE 9:00 H A 13:00 H

O EQUIPO DIRECTIVO PROPÓN AS SEGUINTES QUENDAS PARA OS DISTINTOS NIVEIS, EN ARAS DE EVITAR LONGAS ESPERAS:

Quendas de matrícula 2023-2024

Aquelas familias que teñan máis dun/ha fillo/a no centro, poderán formalizar a matrícula o mesmo día para todos/as.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA

Unha copia dos impresos de matrícula entregarase coas notas ao alumnado o día 26 de xuño.

IMPRESO MATRÍCULA  1º, 2º e 3º ESO

IMPRESO MATRÍCULA  4º ESO

IMPRESO MATRÍCULA 1º BACHARELATO

IMPRESO MATRÍCULA 2º BACHARELATO

“O faiado de Balbino” despídese por este curso

O club de lectura bota o peche despois dun curso cheo de boas lecturas e experiencias compartidas. Os sete grupos de lectura que o compuxeron (Banda deseñada en galego, Mitoloxía clásica, Portugués, Teatro, Xeografía e Historia, Diversidade e Familias), coordinados por David Amboage, Mercedes López-Mayán, Guadalupe Pardo, Elisabet Ríos e Noé Vázquez, contaron coa participación dun total de 104 lectores e lectoras, repartidos entre alumnado de todos os cursos e familias, e leron 25 títulos diferentes, en galego, castelán, portugués e francés. Ademais das sesións de posta en común e discusión sobre as lecturas, puideron disfrutar de múltiples actividades (obradoiros de escrita, encontro con autores/as, roteiros literarios ou as visitas á libraría Berbiriana con motivo do Día do Libro e a ExpOtaku).
Moitísimas grazas a todos/as os/as participantes polo interese e ilusión amosados!

O pase de diapositivas require JavaScript.

Instituto de Ensino Secundario Plurilingue Xosé Neira Vilas. Perillo (Oleiros)