ENTREGA DA XXIV EDICIÓN DO PREMIO LITERARIO SAN CLEMENTE

O pasado mércores 20 de marzo os alumnos de segundo de Bacharelato Guillermo Huelin, Victoria Prado, Irene Rodríguez e Iris Lopetegui estiveron na entrega da XXIV edición do Premio Literario San Clemente Rosalía – Abanca aos escritores Marcos Calveiro, Pedro Mairal e Han kang.

O acto de entrega tivo lugar no Auditorio Abanca de Santiago. Posteriormente acudiron con todos os participantes a unha cea no Hostal dos Reis Católicos onde compartiron mesa cos escritores premiados. Acompañaron ao noso alumnado os profesores Ana Crego, do departamento de Lingua Galega, Julia Fernández, do departamento de Lingua Castelá, e Carlos Vidal, do departamento de Francés. Máis fotos abrindo o artigo. Seguir lendo ENTREGA DA XXIV EDICIÓN DO PREMIO LITERARIO SAN CLEMENTE

APOIO AO EQUIPO DIRECTIVO DO NOSO CENTRO

Sentimos informar que o pasado luns 18 de marzo reuniuse o consello escolar en convocatoria extraordinaria e o único punto da orde do día foi a lectura dun comunicado do equipo directivo no que se informaba da dimisión en bloque de todos os seus membros.

Neste comunicado non se deron explicacións das causas da dimisión.

A directiva da Anpa e as dúas representantes das familias no consello escolar queremos mostrar o noso apoio a labor realizada polo equipo directivo.

Xuntamos o manifesto de apoio debidamente asinado e que se enviará ao IES Neira Vilas, ao concello de Oleiros e á Consellería de Educación da Xunta de Galicia a través dos correspondentes rexistros de entrada.

Manifesto de apoio ao equipo directivo

Atentamente,

A Xunta Directiva

CRITERIOS DE CONCESIÓN DE AXUDAS ECONÓMICAS DENDE A ANPA

Debido ás múltiples consultas sobre este tema, puntualizamos as seguintes cuestións, todas elas xa comentadas en cada asamblea ordinaria de inicio de curso.

En primeiro lugar, debemos ter en conta que a ANPA non está obrigada á concesión de axudas económicas e que sempre o fará na medida do posible despois de revisar as contas anuais previstas para o curso.
En caso de poder ofertar axudas aos socios e socias, a cantidade dependerá do saneamento das contas do curso en vigor.

Cada socio ou socia terá dereito a unha soa axuda económica por curso, sempre que non sexan actividades organizadas propiamente pola ANPA, entendendo que se lle concederá a de maior importe á que teña dereito.

Para poder recibir a axuda, o solicitante debe haber sido socio ou socia da Anpa a lo menos 2 cursos completos e consecutivos a día 31 de decembro do curso en vigor, a excepción dos alumnos e alumnas de 1º ESO que só terán que formalizar o alta como socios ou socias antes do 31 de decembro.

Os alumnos e alumnas de Bacharelato tamén están excluídos da axuda ó Intercambio a Francia por recibir dita axuda dende o propio instituto. Non están exentos do resto das axudas que lles poidan corresponder dende a Anpa.

Para o curso 2018/2019, a previsión de concesión abarca as seguintes actividades, ordenadas por prioridade, atendendo aos criterios de pertencer ó plan de estudios do centro, ser actividade propia da Anpa e outros:

– Intercambio a Francia.
– Intercambio a Berlín.
– Intercambio a Londres (English Club, actividade propia).
– Concurso de Robótica (actividade propia).
– Viaxe Europea (Grecia).
– Gradación de Bacharelato.
– Excursión de 4º ESO.

Sen máis, tómase esta decisión a 18 de febreiro do 2019.

Instituto de Ensino Secundario Plurilingue Xosé Neira Vilas. Perillo (Oleiros)