Durante a semana final de novembro, o alumnado de 2º ESO participou en sucesivas sesións de Zumba, nas instalacións da piscina de Perillo. Esta actividade realizouse en colaboración co concello de Oleiros.
- Velaquí algún intres desta actividade.
Durante a semana final de novembro, o alumnado de 2º ESO participou en sucesivas sesións de Zumba, nas instalacións da piscina de Perillo. Esta actividade realizouse en colaboración co concello de Oleiros.
Este video contra a violencia de xénero está realizado polo alumnado de 3º ESO A, sendo editado por Gonzalo e Kaio. Con el queremos reivindicar que ninguén se ten que sentir sometid@ a outra persoa e menos sofrer violencia.
Temos que concienciarnos dende nov@s que ninguén é menos por nengunha razón, xa sexa xénero, etnia, nacionalidade,… Pero, sobre todo, no #25N, o día internacional contra a violencia de xénero, queremos lembrar a todas aquelas persoas vítimas da violencia de xénero e darlles forza ás que aínda poden loitar: NUNCA CALES E NON TEÑAS MEDO. (Texto de Ana Belén e Neylin Valentina).
Por outra banda, nesta mesma data, dous alumnos de 2º Bacharelato –Iago Morcillo e Nuria Vázquez– e dous de 1º Bacharelato –Mateo García e Miguel Pérez– foron co-protagonistas da curtametraxe “Nunca máis” na Casa Dopeso de As Pontes. Eles participaron -con Omar Rabuñal– nesta produción que recibíu o premio ao guión sobre violencia de xénero daquel concello.
O alumnado de 1º ESO acudíu a un obradoiro de Robótica na @FundacionBarrie o venres 22 de novembro. O alumnado, en grupos de 3, programaron robots que debían facer determinados percorridos, evitar obstáculos, encender luces, emitir sons ou, incluso, botar fóra da zona de xogo a outros robots.
Logo fixéronse competicións entre equipos para obter un campeón. Varios programas e competicións diversas “forzaron” a nomear campeóns a 3 equipos.
O alumnado de Ciencias de 1º Bacharelato visitou, o martes 19 de novembro, as instalacións do Centro de Investigacións Científicas Avanzadas de A Coruña (@CICAUDC), no que foron informados dos diferentes graos, mestrados e liñas de investigación nel ofertados, para logo visitar os distintos laboratorios onde se están a realizar proxectos diversos.
Na área de Novos Materiais amosáronlles as nanomoléculas que se están a desenvolver para atrapar tóxicos -cru verquido accidentalmente, por ex.- ou co obxectivo de mellorar o aproveitamento enerxético en paneis solares…. Tamén foron amosadas investigacións con cultivos celulares, encamiñadas a solventar a artrose en humanos.
A visita foi o inicio da participación dos nosos escolares no proxecto Incrústate, co obxectivo de incrementar as vocacións científicas.
O 13 de novembro, o Departamento de Tecnoloxía organizou unha actividade impartida pola Fundación Barrié sobre impresión 3D. Velaquí algunhas estampas do obradoiro.
Nun día de outono orballento, o 12 de novembro, e seguindo a iniciativa de @ConcelloOleiros, o noso centro educativo sumouse ao reto de camiñar contra a obesidade, no que participaron profesorado e alumnado de 3º e 4º ESO.
Velaquí algunha imaxes da andaina.
O luns 11 de novembro, o IES celebrou a súa festa de outono 2019, cunha colaboración significativa de alumnado e profesorado. As actividades, variadas, incluíron unha serie de relatos e conxuro de magosto, ademáis dunha explicación das orixes do Samaín [ver PDF]; unha serie de cartaces aleccionadores sobre a festa do magosto, un obradoiro de cabazas de papel -levado a cabo polo alumnado de 1º Bach.-, unha serie de xogos populares e o propio magosto -que permitíu degustar castañas á comunidade educativa.
Podedes ver algúns intres da celebración nesta ligazón.
Os días 21 e 22 de outubro, coa financiación do concello de Oleiros, o alumnado de 3º ESO aprendeu a remar e utilizar o kaiak na contorna da Ponte da Pasaxe e Santa Cristina da man da escola de remo de Perillo. Foron acompañados polos profesores Isa Moar e Alberto Roca. Velaquí algunhas estampas desta actividade.
O alumnado de 4º ESO, baixo a supervisión dos profesores Isa Moar e Jorge Calle, practicaron surf (“deporte náutico que consiste en manterse en equilibrio sobre unha táboa especial, desprazándose pola zona na que as ondas empezan a romper.” -dicionario da RAG dixit) na praia de Bastiagueiro, no arranque deste curso académico [unha actividade financiada polo concello de Oleiros]. Velaquí algunhas estampas que nos deixou a actividade.