Arquivo da categoría: Alumnos

Actividades extraescolares non organizadas por un departamento, como as excursións de fin de curso ou as ceremonias de graduación.

Novo sistema de xestión da Biblioteca: KOHA

O pasado mércores, 6 de outubro, produciuse a migración da antiga aplicación Meiga a Koha, o novo sistema de xestión bibliotecaria que, dende a Asesoría de Bibliotecas, se está a implantar progresivamente nos centros escolares de Galicia.

A nosa biblioteca foi unha das escollidas para levar a cabo o cambio no curso 2022-23. Dende que este comezou, o equipo de biblioteca leva traballando intensamente para preparalo todo e adaptarse e formarse no uso do novo sistema, que inclúe importantes melloras tanto no seu deseño como na súa funcionalidade para realizar as accións habituais de catalogación, circulación ou xestión de usuarios, entre outras moitas.

Dende agora o catálogo da nosa biblioteca pode consultarse en liña no seguinte enlace: https://iesneiravilas.edubib.xunta.gal/

COMEZO DO CURSO 2022-2023

A Orde do 20 de maio do 2022, pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo nº 5 establece que as actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria, de bacharelato e de formación profesional realizaranse desde o día 8 de setembro de 2022 ata o 21 de xuño de 2023, ambos inclusive.

Seguindo dita norma todo o alumnado comezará as súas xornadas lectivas o próximo xoves 8 de setembro do 2022 en horario de 8:30 a 14:10.

O alumnado con dereito a servizo de transporte poderá empregalo desde ese mesmo día.

QUENDAS DE MATRÍCULA

PERIODO DE MATRÍCULA: DO DÍA 28 DE XUÑO AO 10 DE XULLO

HORARIO: DE 9:00 H A 13:00 H

O EQUIPO DIRECTIVO PROPÓN AS SEGUINTES QUENDAS PARA OS DISTINTOS NIVEIS, EN ARAS DE EVITAR LONGAS ESPERAS

CURSO DÍA HORA 1º APELIDO d@ alumn@ QUE COMECE POR
1º ESO 28 de XUÑO 9-11 A ata C
11-13 D ata Q
1º ESO 29 de XUÑO 9-11 R ata Z
2º ESO 29 de XUÑO 11-13 A ata C
2º ESO

2º ESO

30 de XUÑO 9-11 D ata Q
11-13 R ata Z
3º ESO 1 de XULLO 9-11 A ata C
11-13 D ata Q
3º ESO 4 de XULLO 9-11 R ata Z
4º ESO 4 de XULLO 11-13 A ata C
4º ESO 5 de XULLO 9-11 D ata Q
11-13 R ata Z
1º Bach

 

6 de XULLO 9-11 A ata C
11-13 D ata Q
1º Bach

2º Bach

7 de XULLO 9-11 R ata Z
11-13 A ata C
2º Bach 8 de XULLO 9-11 D ata Q
11-13 R ata Z

Aquelas familias que teñan máis dun/ha fillo/a no centro, poderán formalizar a matrícula o mesmo día para todos/as.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA

Unha copia dos impresos de matrícula entregarase coas notas ao alumnado o día 28 de xuño.

IMPRESO MATRÍCULA ESO

IMPRESO MATRÍCULA 1º BACHARELATO

IMPRESO MATRÍCULA 2º BACHARELATO

Despedida do curso académico 2021-22

22 de xuño de 2022 representou o último día de acción e diversión educativa do curso académico.

Arredor da pista principal do IES, o alumnado de Cultura Científica de 4º ESO elaborou prácticas sinxelas de laboratorio que explicou a compañeiras e compañeiros. O departamento de Educación Física implicou a profesorado e alumnado nunha sesión de xogos populares, e alumnado da Escola de Música de Oleiros -baixo a supervisión do departamento de Música do centro educativo- realizou unha pequena actuación musical.

Grazas pola colaboración de todas e todos nesta despedida de curso académico. Bo verán a toda a comunidade educativa!!!

#NeiraNaukas22

Grazas á colaboración de alumnado de profesorado, xunto con colaboración externa e o apoio do concello de Oleiros -que amablemente nos cedeu o Auditorio da Fábrica de Perillo para a ocasión, o martes 21 de xuño de 2022 (entre as 11:00 e as 14:00 horas) tivo lugar #NeiraNaukas22suite da primeira edición que tivemos en 2019.

Agradecemos á comunidade educativa do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas a participación e asistencia a este evento, que non debe ser máis ca un chanzo máis na construción das diferentes edicións NeiraNaukas.

Un día nas Cíes

Difícil non disfrutar dunha contorna de tanta beleza! Que afortunadas e afortunados de chegar á mellor praia do mundo!

Cíes, paraíso terreal, foi onde aconteceu unha xuntanza especial para despedir un curso académico intenso, mais cheo de fermosas experiencias que nos fixeron aprender de marabillosas amizades e de compañeir@s inigualábeis. Porque xa formades parte das nosas vidas… GRAZAS!!!

… E Pelayo gañou

O 4 de maio de 2022, un grupo de 6 alumnas e alumnos de 3º ESO do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas acudíu a Santiago de Compostela á convocatoria da fase autonómica da I Olimpíada Junior de Xeografía… Entre eles, Pelayo Blanco García, alumno de 3º ESO B, que tempera nervos e visitou unha cadea de comida rápida norteamericana por primeira vez: viña de ser 3º na fase rexional.

A chamada do Colexio de Xeógrafos advertía a Pelayo de que o 16 de xuño se ía batir a nivel estatal… E estivo unha tarde tórrida diante do ordenador…. Para quedar CAMPIÓN ESTATAL DA I OLIMPÍADA JUNIOR DE XEOGRAFÍA!!!!

Parabéns, Pelayo!