Paula García, Nicolás Pardo e Alejandro Prieto do grupo 3º da ESO A impartiron esta mañá unha charla sobre Saúde Mental na adolescencia ao alumnado de 2º de ESO. Canto se aprende con estas reflexións!
Arquivo da categoría: Departamentos
2º B FALA DE XOSÉ NEIRA VILAS E ANISIA MIRANDA
XORNADA MICOLÓXICA
O pasado luns 7 de novembro un grupo de alumnado do IES Neira Vilas participou nunha actividade micolóxica desenvolvida no Bosque dos veciños de Oleiros. Dita actividade consistiu na recollida, organización, identificación e exposición das especies atopadas. Contouse coa axuda do experto da Asociación Micolóxica Andoa: Necho Couceiro.
INMERSIÓN LINGÜÍSTICA DO ALUMNADO DE BACHIBAC 2 EN VANNES
Do 9 ao 21 de setembro o alumnado de Bachibac 2 está a realizar unha estadía de inmersión lingüística na preciosa localidade de Vannes, situada na Bretaña francesa, con estudantes do lycée Saint-François Xavier. Durante eses días cada alumno/a reside coa familia do seu “correspondant”, co que asiste ás clases no horario lectivo e desenvolve múltiples actividades culturais, deportivas e de lecer.
A comunidade educativa do IES Neira Vilas quere agradecer a cálida acollida brindada polo lycée Saint-François Xavier, así como polas familias do alumnado que participa nesta experiencia e que, á súa vez, terá a oportunidade de viaxar ao noso instituto e coñecer a nosa terra próximamente.
Despedida do curso académico 2021-22
22 de xuño de 2022 representou o último día de acción e diversión educativa do curso académico.
Arredor da pista principal do IES, o alumnado de Cultura Científica de 4º ESO elaborou prácticas sinxelas de laboratorio que explicou a compañeiras e compañeiros. O departamento de Educación Física implicou a profesorado e alumnado nunha sesión de xogos populares, e alumnado da Escola de Música de Oleiros -baixo a supervisión do departamento de Música do centro educativo- realizou unha pequena actuación musical.
Grazas pola colaboración de todas e todos nesta despedida de curso académico. Bo verán a toda a comunidade educativa!!!
Un día nas Cíes
Difícil non disfrutar dunha contorna de tanta beleza! Que afortunadas e afortunados de chegar á mellor praia do mundo!
Cíes, paraíso terreal, foi onde aconteceu unha xuntanza especial para despedir un curso académico intenso, mais cheo de fermosas experiencias que nos fixeron aprender de marabillosas amizades e de compañeir@s inigualábeis. Porque xa formades parte das nosas vidas… GRAZAS!!!
“UN DÍA EN GALICIA” CON 3º ESO
Nos días 29 e 30 de marzo os grupos de 3º ESO disfrutaron dunha excursión en Santiago de Compostela, organizada polo Concello de Oleiros en colaboración co Departamento de Xeografía e Historia. Ao longo da xornada puideron visitar o Museo do Pobo Galego, descubrir os numerosos rincóns que agochan as rúas compostelás, así como a súa monumental catedral, pasear pola súa fermosa Alameda e rematar a tarde cunha andaina á beira do Sarela.
“UN DÍA EN GALICIA” CON 2º ESO
Os días 23, 24 e 25 de marzo o alumnado de Xeografía e Historia de 2º ESO participou na actividade “Un día en Galicia”, organizada polo Concello de Oleiros.
Desta volta, disfrutaron dunha fermosa andaina polas Fragas do Eume, en cuxo interior visitaron o Mosteiro de Caaveiro. Despois do xantar, achegáronse ao coñecemento das pegadas medievais visibles na vila de Pontedeume e arredores, antiga Terra dos Andrade, incluíndo a marabillosa Torre de Nogueirosa.
“UN DÍA EN GALICIA” CON 1º ESO
FESTA DE OUTONO 2021
O pasado luns 8 de novembro celebrouse a festa de outono, organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega coa colaboración do Departamento de Educación Física e o alumnado de 1º de Bacharelato. Houbo castañas asadas e xogos populares cos que disfrutaron tod@s @s asistentes.