O pasado 8 de Febreiro o alumnado de 1º de ESO tivo oportunidade de visitar o Acuario Finisterrae da Coruña onde disfrutaron das exposicións e das especies que alberga o recinto. A visita completouse coa visión en directo da alimentación dos peixes da Sala Nautilus por parte dos buzos das instalacións, así como a das focas.
Podedes ver as fotos aquí:





O alumnado de 2º de ESO participou o pasado venres 8 de febreiro nunha visita e nun obradoiro de química no MUNCYT. Todos eles realizaron unha actividade experimental na que clasificaron varias substancias pola súa acidez, utilizando un indicador natural que fabricaron in situ con col lombarda.
O alumnado de 3º de ESO visitou o pasado luns 4 de febreiro as instalacións do parque enerxético experimental de Sotavento, o encoro do Eume e o Lago de As Pontes.
O pasado venres 1 de febreiro o alumnado de 1º e 2º de bacharelato asistiu a unha charla, organizada polo Departamento de Orientación, na que se presentou a oferta académica da Universidade de Santiago de Compostela.
O Concello de Oleiros concedeu ao IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas, mediante Decreto da alcaldía nº 5485/2018, de 26 de decembro, de 7168 € (sete mil cento sesenta e oito euros) para os seguintes conceptos: