Baixo a dirección das profesoras Natalia Val, do departamento de plástica, Gloria Pérez, do departamento de inglés, e Natalie Honan, auxiliar de conversa desta lingua, os alumnos de 3º B ESO participaron no proxecto do centro, a paisaxe, coa elaboración duns posters.
Despois de selecionar os países sobre os que ían traballar, elixiron fotos representativas da paisaxe dos mesmos e unha receita dun doce ou comida representativa, que escribiron en inglés. Finalmente, debuxaron unha mostra do prato cociñado e fixeron unha composición con todos eles, que está exposta no corredor do centro.

Os alumnos de 4º de ESO integrantes do grupo “Chouchous III”: Danick Ramos, Eduardo Xavier Bargiela e Lucas Canle; proclamáronse o pasado venres gañadores da final do “Desafío Cambio Climático” que tivo lugar durante a súa visita á feira de investigación científica “Galiciencia 2018”.
O alumnado participante no Contrato-Programa para acadar a excelencia en competencia STEM visitará este venres 11 de maio a feira de investigación científica “Galiciencia 2018”, que terá lugar no Parque Tecnolóxico de Galicia, en Ourense. En dito evento o alumnado asistirá e participará en diferentes conferencias e talleres relacionados co cambio climático, tema ó que se dedica esta edición de Galiciencia.
O sábado 5 de maio celebrouse no parque de Santa Margarita a XXIII edición do “Día da Ciencia na rúa”, actividade organizada pola “Asociación de Amigos de la Casa de las Ciencias”.

