Arquivo da categoría: Actividades

VISITA AO MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA

O venres, 16 de decembro, o alumnado de 4º ESO visitou o Museo de Belas Artes da Coruña. A saída, organizada polo Departamento de Xeografía e Historia, tiña o obxectivo de descubrir a magnífica colección de gravados de Goya que alberga o Museo, nunha sala, ademais, recentemente reformada. Asimesmo, aproveitouse a ocasión para visitar o resto da colección, con especial atención á arte dos séculos XIX e XX e á presenza das mulleres artistas nela. Agradecemos ao Museo a súa cálida e instrutiva acollida!

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

A Anpa Arce do IESP Xosé Neira Vilas oferta para este curso 2022/23 dúas actividades extraescolares os xoves en horario de tarde de 16:15 a 17:45 que previsiblemente darán comenzo o 6 de outubro.

As actividades ofertadas este ano son English Club e Baloncesto. A realización da actividade de English Club xa está confirmada, a de baloncesto está pendente de acadar o número mínimo de participación, se o estades pensando animádevos!

 
As prazas son limitadas e a adxudicación será por orde de solicitude con preferencia para socios/as a través dos seguintes formularios:
 
Nos vindeiros días confirmaremos as prazas e ás persoas en lista de reserva. Unha vez confirmada a praza hai que entregar a seguinte ficha (ficha inscripción) debidamente cuberta na oficina da ANPA o luns de 16:15 a 17:45.
O prezo de cada actividade será de 15 euros/mes para socios/as e 25 euros/mes para non socios/as, con domiciliación bancaria.
A actividade non se organizará no caso de non acadar un mínimo de participantes.
Máis información  través do correo electrónico da Anpa  (anpaneiravilas@gmail.com) ou na oficina da ANPA os luns de 16.15 a 17.55 no mes de setembro.
Unha vez máis, agradecemos a vosa colaboración para organización de actividades e xestión da Asociación, animádevos!
GRAZAS!

INMERSIÓN LINGÜÍSTICA DO ALUMNADO DE BACHIBAC 2 EN VANNES

Do 9 ao 21 de setembro o alumnado de Bachibac 2 está a realizar unha estadía de inmersión lingüística na preciosa localidade de Vannes, situada na Bretaña francesa, con estudantes do lycée Saint-François Xavier. Durante eses días cada alumno/a reside coa familia do seu “correspondant”, co que asiste ás clases no horario lectivo e desenvolve múltiples actividades culturais, deportivas e de lecer.

A comunidade educativa do IES Neira Vilas quere agradecer a cálida acollida brindada polo lycée Saint-François Xavier, así como polas familias do alumnado que participa nesta experiencia e que, á súa vez, terá a oportunidade de viaxar ao noso instituto e coñecer a nosa terra próximamente.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Despedida do curso académico 2021-22

22 de xuño de 2022 representou o último día de acción e diversión educativa do curso académico.

Arredor da pista principal do IES, o alumnado de Cultura Científica de 4º ESO elaborou prácticas sinxelas de laboratorio que explicou a compañeiras e compañeiros. O departamento de Educación Física implicou a profesorado e alumnado nunha sesión de xogos populares, e alumnado da Escola de Música de Oleiros -baixo a supervisión do departamento de Música do centro educativo- realizou unha pequena actuación musical.

Grazas pola colaboración de todas e todos nesta despedida de curso académico. Bo verán a toda a comunidade educativa!!!

#NeiraNaukas22

Grazas á colaboración de alumnado de profesorado, xunto con colaboración externa e o apoio do concello de Oleiros -que amablemente nos cedeu o Auditorio da Fábrica de Perillo para a ocasión, o martes 21 de xuño de 2022 (entre as 11:00 e as 14:00 horas) tivo lugar #NeiraNaukas22suite da primeira edición que tivemos en 2019.

Agradecemos á comunidade educativa do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas a participación e asistencia a este evento, que non debe ser máis ca un chanzo máis na construción das diferentes edicións NeiraNaukas.

Un día nas Cíes

Difícil non disfrutar dunha contorna de tanta beleza! Que afortunadas e afortunados de chegar á mellor praia do mundo!

Cíes, paraíso terreal, foi onde aconteceu unha xuntanza especial para despedir un curso académico intenso, mais cheo de fermosas experiencias que nos fixeron aprender de marabillosas amizades e de compañeir@s inigualábeis. Porque xa formades parte das nosas vidas… GRAZAS!!!