O pasado mércores o concello de Oleiros organizou un ano máis a “Feira de Orientación académica e profesional” (que xa vai pola 5ª edición) no Pavillón Arsenio Iglesias de Santa Cruz con 34 mesas informativas. O alumnado de 4º ESO e 2º de Bacharelato puido resolver as súas dúbidas e aproveitar para recoller folletos dos seus intereses, e pola tarde as familias tiveron ocasión de visitar a feira nas xornadas de portas abertas.
Arquivo da categoría: Alumnado
Programa A Ponte
O pasado luns 2 de marzo, e dentro do Programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”, visitou o noso centro unha colaboradora da Universidade de Santiago de Compostela, Carolina Torrón Casal, e impartiu unha charla informativa para presentar ao alumnado de 2º BACH a Universidade e explicar polo miúdo o proceso de admisión e acceso á Universidade e a proba de acceso (PAU).
OFERTA DE PRAZAS VACANTES PARA O CURSO 2026-2027
Pódese consultar no documento adxunto a oferta de prazas vacantes para o curso 2026-2027 despois do proceso de reserva.
Máis información sobre o proceso de RESERVA, ADMISIÓN e MATRÍCULA
RENOVACIÓN DA PARTICIPACIÓN NO CONSORCIO ERASMUS+ GALEMUNDO

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS (AXUDASLE) NO ANO 2026

Charla UDC en 2º BAC
CONCESIÓN DE AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE PROBAS DE ACREDITACIÓN DA COMPETENCIA EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa publicou a resolución definitiva das axudas a centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades para a realización de probas de acreditación da competencia en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos de 4º ESO e 2º Bach durante o curso 2025/2026.
O noso instituto resultou beneficiario dunha achega total de 6.000€ destinados a financiar, a razón de 100€ por alumno/a, as probas de acreditación da competencia lingüística en Inglés e Francés por parte do alumnado de 4º ESO e 2º Bacharelato que presentou o seu compromiso para examinarse no prazo correspondente.
Malia a contía adxudicada e de acordo coa convocatoria que regula estas axudas, dado que a dotación económica outorgada é insuficiente para cubrir todas as demandas do alumnado interesado, é preciso aplicar, xunto aos criterios de distribución establecidos na propia resolución, os criterios de selección informados no Claustro do 25 de outubro de 2022 e aprobados no Consello escolar desa mesma data. Ditos criterios establecen que, en caso de que as axudas concedidas sexan insuficientes para todo o alumnado que entregou o compromiso de presentación ás probas de acreditación lingüística, ditas axudas concederanse en primeiro lugar ao alumnado que o curso anterior acadara maior nota na materia do idioma ao que se quere presentar e, en caso de empate, concederanse ao alumnado con maior nota media no curso anterior. O venres 16 de xaneiro levouse a cabo no centro unha reunión da Xefatura de estudos co alumnado interesado para informar deste particular e realizar a selección correspondente.
A información completa sobre estas axudas pode consultarse no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.
Con respecto ás probas, no caso do francés as datas dos exames do DELF Scolaire B1 e B2 e do DALF C1 están publicadas na web da Alliance Française: https://afcoruna.
RESERVA, ADMISIÓN E MATRÍCULA CURSO 2026-27
PRAZOS, DOCUMENTACIÓN, INFORMACIÓN
- SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA DO ALUMNADO DO CENTRO ADSCRITO (CEIP RAMÓN Mª DEL VALLE-INCLÁN) PARA 1º ESO:
– Prazo de solicitude de reserva: Do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro.
– Procedemento: Presentación da solicitude de reserva ED550A no centro de orixe (pódese descargar neste enlace: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/), ben de xeito manual, ben a través da Sede electrónica coa Chave 365 ou con certificado dixital.
– Asignación de prazas e publicación de listaxes de alumnado admitido sen fase de baremo e de prazas vacantes no taboleiro do IES e na aplicación admisionalumnado: 22 de febreiro. No caso de que non houbera praza para todas as solicitudes de reserva, publicarase tal circunstancia no centro e todo o alumnado deberá presentar necesariamente a solicitude de admisión ordinaria coa documentación que se indica neste documento a efectos de realizar a baremación (enlace ao documento).
– Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.
- SOLICITUDE DE ADMISIÓN ORDINARIA DO ALUMNADO DE CENTROS NON ADSCRITOS PARA CALQUERA CURSO:
– Prazo de solicitude de admisión ordinaria: Do 1 ao 20 de marzo.
– Procedemento: Presentación da solicitude de admisión (ED550B (Anexo II e Anexo IIbis) (pódese descargar neste enlace: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/), ben de xeito manual no IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas, ben a través da Sede electrónica coa Chave 365 ou con certificado dixital.
– Documentación necesaria: coa solicitude de admisión deberá presentarse a documentación que se indica no seguinte documento.
– Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas no taboleiro do IES e na aplicación admisionalumnado: 25 de abril.
– Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas no taboleiro do IES e na aplicación admisionalumnado: 15 de maio.
- MATRÍCULA NO CENTRO DE TODO O ALUMNADO DE ESO E BACHARELATO ADMITIDO NOS PROCESOS DE RESERVA E/OU ADMISIÓN ORDINARIA
– Prazo de matrícula: Do 26 de xuño ao 3 de xullo, segundo as quendas por cursos que se establecerán no calendario de matrícula que será publicado na web do instituto no seu momento.
– Instrucións para a matrícula: nas datas de matrícula estará disponible na web do instituto toda a información sobre o procedemento de matrícula, documentación necesaria e lugar e horario para formalizala.
INFORMACIÓN IMPORTANTE
- As persoas solicitantes poderán presentar solicitude de admisión en prazo pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia e alegando os criterios de admisión/baremación que pretendan que se lles valoren. Esta solicitude deberá ser dirixida ao centro solicitado en primeiro lugar. Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.
- O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.
- En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela. A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, asimesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento de admisión.
- O IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas conta cunha liña de transporte escolar e cafetería escolar en horario de 08:30 a 13:30.
- A admisión e matriculación do alumnado no IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas implicará o respecto do seu proxecto educativo.
- Para calquera consulta sobre o procedemento poden acudir ao portal da Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades e á aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), así como á normativa de referencia indicada a continuación.
NORMATIVA DE REFERENCIA
O procedemento de reserva, admisión e matrícula réxese pola seguinte normativa de referencia:
- Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación[DOG do 11 de febreiro de 2022].
- Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C)[DOG 8 de novembro de 2022].
- Instrucións da Dirección Xeral de centros e recursos humanos sobre o desenvolvemento do proceso de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2026-2027.
NORABOA, ISSOUF E MBEMBA!!
O Neira Vilas ten o orgullo enorme de informar de que os nosos ex-alumnos Issouf Kone e Mbemba Drammeh resultaron merecedores de sendos Premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2024-2025, outorgados pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e dos que só se concederon un total de vinte para toda Galicia. A comunidade educativa do Neira Vilas celebra este éxito persoal e académico de dous alumnos excelentes que constitúen un exemplo de superación, aprendizaxe e compañeirismo para todos/as nós e, asemade, deséxalles aos agraciados que este sexa o comezo dun feliz porvir. Noraboa!!
PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA EDUEXCHANGES
