Arquivo da categoría: Alumnado

25N no Neira Vilas

O pase de diapositivas require JavaScript.

O 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, todo o IES Xosé Neira Vilas puxo o seu gran de area contra a violencia machista.

Foi un día de loito no que profesorado e alumnado nos vestimos de negro para conmemorar ás vítimas desta lacra social. Ademáis,durante toda a xornada, as portas das nosas aulas vestiron os nomes das 40 mulleres mortas a causa da violencia machista no que vai de ano, visibilizando así a todas aquelas que non deben ser esquecidas. Seguir lendo 25N no Neira Vilas →

SAMAÍN E MAGOSTO NO NEIRA VILAS

Despois dun mes de organización, planificación, probas e máis probas… chegou o Samaín!

Por unha parte, os grupos de terceiro da ESO coordinan a decoración do centro e preparan o Túnel do Terror, e, por outra, o Magosto e os Xogos Populares dos que gozaremos na festa despois do segundo tempo de lecer. Seguir lendo SAMAÍN E MAGOSTO NO NEIRA VILAS →

CHARLA DE LILA A. GIMÉNEZ BARGIELA SOBRE O BACHIBAC E OS ESTUDOS UNIVERSITARIOS EN FRANCIA

No marco das actividades desenvolvidas con motivo da celebración do 10º Aniversario da implantación do Bachibac no noso instituto, o mércores 30 de outubro tivemos o enorme pracer de contar coa presenza dunha antiga alumna do programa Bachibac, Lila A. Giménez Bargiela, que actualmente cursa o segundo ano de Física na Université Paris-Saclay de Francia. A partir da súa experiencia persoal, Lila explicou ao alumnado de Bachibac de 1º e 2º de Bacharelato, así como ao alumnado plurilingüe de 4º ESO, as características do Bachibac no Neira Vilas e os beneficios que lle supuxo cursar o programa, así como o procedemento de acceso á universidade francesa, os principais recursos dispoñibles para o alumnado que estea pensando en ir a Francia e as vantaxes, dificultades e retos persoais que lle implicou a decisión de ir estudar ao país galo. A comunidade educativa do Neira Vilas quere felicitar a Lila polos logros persoais e académicos que xa leva acadados e que seguirá acadando na súa andaina universitaria e agradécelle enormemente a súa completa, informada e, á vez, emotiva e enriquecedora charla, que espertou o interese do noso alumnado francófono e confirmou os beneficios escolares, culturais e persoais do programa Bachibac.

CERTAME LITERARIO DE SAMAÍN

Este Samaín anímate a participar no Certame Literario e, ademais de gañar saborosos premios, poderás asustar literariamente a quen se atreva a mergullar entre urcos, lumias e paisaxes estarrecedoras. Serás quen de contar todo iso en vinte liñas?

 

Le, atentamente, as bases e déixanos a túa narración antes do 25 de outubro de 2024 no Departamento de Lingua Galega e Literatura ou no de Dinamización Lingüística.
Veña! Non lle deas máis voltas! Estamos desexando ler o teu relato!

ACTUALIZACIÓN DAS NORMAS DE ORGANIZACIÓN, FUNCIONAMENTO E CONVIVENCIA (NOFC) DO CENTRO

O día 1 de outubro de 2024 entrou en vigor a nova versión, actualizada e revisada, das Normas de organización, funcionamento e convivencia do centro. Segundo se establece na normativa, ditas normas son de obrigado cumprimento para todos os membros da nosa comunidade educativa. Por esa razón, son públicas e poden consultarse na páxina web do instituto, no apartado “Documentos do centro”, así como neste enlace.

NOVA CANLE DE COMUNICACIÓN COAS FAMILIAS: ABALAR MÓBIL

Desde este curso 2024-2025 no noso centro empregarase AbalarMóbil, unha aplicación da Xunta de Galicia que permite ás familias consultar a información académica dos/as seus/súas fillos/as a través do teléfono móbil.
Os/as responsables do alumnado deberán descargar a aplicación AbalarMóbil e rexistrarse nela, seguindo as sinxelas instrucións que se inclúen no seguinte manual:
Unha vez rexistrados/as na aplicación, poderán acceder a todas as funcións que ofrece esta aplicación: consultar o horario e cualificacións dos/as seus/súas fillos/as, solicitar titorías, comunicarse coas persoas titoras, ver as faltas de asistencia e enviar as xustificacións pertinentes, consultar as incidencias e faltas de conduta que se teñan producido, etc. Todas estas funcións están explicadas no anterior manual e no seguinte enlace: https://espazoabalar.edu.xunta.gal/abalarmobil

VALES DE MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024-2025

A listaxe provisional de excluídos/as na participación nas axudas para adquirir libros de texto e material escolar será publicada o 12 de xullo no taboleiro do centro, con indicación das deficiencias detectadas. Conforme á orde do 7 de maio de 2024 pola que se regulan estas axudas, as persoas solicitantes dispoñen dun prazo de dez días hábiles para emendar as deficiencias ou remitir os documentos preceptivos.

A listaxe definitiva será publicada o 17 de xullo na aplicación FondoLibros.

Desde o día 12 e durante o mes de xullo as persoas que resultasen beneficiarias da axuda poden recoller o vale para adquirir material escolar en horario de 9,00 a 13,00 h. na administración do centro.

Actividades varias ao rematar o curso

b) Neiranaukas 2024: Un ano máis despedimos o curso académico coa celebración do Neiranaukas, onde o alumnado do centro e mesmo algunha persoa invitada os seus coñecementos, habilidades musicais e dotes de baile cos demais compañeiros.

O pase de diapositivas require JavaScript.

c) Acto de graduación de 4º ESO: Este curso celebramos por primeira vez o acto de graduación do alumnado de 4º ESO, que en moitos casos seguirá formándose no centro no Bacharelato, pero que noutros casos iniciará o vindeiro curso un novo percorrido fóra do Neira Vilas. A todos eles entregóuselle unha fotografía conmemorativa daquelas persoas que conformaron a súa promoción.

O pase de diapositivas require JavaScript.

O Club de remo de Perillo no instituto

O Club de Remo de Perillo promocionou o deporte de Remo no alumnado de 1º e 2 da ESO o vernes 12 de xuño. A actividade  teórico-práctica, foi impartida polos adestradores e persoal da directiva do Club. A práctica consistiu nunha demostración e posterior práctica do remo-ergómetro, facendo ó final unha mini competición entre o alumnado. A actividade resultou exitosa, facendo ó Club entrega dun agasallo ós tres primeiros clasificados masculinos e as tres primeiras clasificadas femininas.