
OUTRO CURSO MÁIS DE CLUB DE LECTURA!


O noso centro vén de renovar un curso máis a súa participación no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (Plambe)… e xa van 16 anos formando parte dunha ampla rede de bibliotecas escolares de toda Galicia, coordinada pola Asesoría de Bibliotecas. Desta volta, a renovación do Plambe supón a concesión dunha dotación económica de 1.025 € para a adquisición de libros para a nosa biblioteca de 1.325 € para a dotación de mobiliario. Toda a información sobre esta convocatoria pódese consultar aquí: https://www.edu.xunta.Os Clubs de Lectura do IES Neira Vilas comezarán a funcionar o 13 de outubro. APÚNTATE NA BIBLIOTECA!

Neste Samain a biblioteca do Neira Vilas estivo repleta de actividades! O noso alumnado puido disfrutar de dúas xornadas de curtametraxes de terror que, entre risas e sobresaltos, fixeron vibrar as nosas cadeiras. Ademais, Sabela A. e Sofía A. , de 1º ESO A, realizaron unha marabillosa presentación na que aprendemos sobre os costumes e actividades asociadas a esta festividade.
Despois dun mes de organización, planificación, probas e máis probas… chegou o Samaín!
Por unha parte, os grupos de terceiro da ESO coordinan a decoración do centro e preparan o Túnel do Terror, e, por outra, o Magosto e os Xogos Populares dos que gozaremos na festa despois do segundo tempo de lecer. Seguir lendo SAMAÍN E MAGOSTO NO NEIRA VILAS
Desde este luns, 30 de setembro, comezou a desenvolverse no noso centro a “Hora de ler”, unha iniciativa de fomento da lectura, coordinada desde a Biblioteca, que leva funcionando xa moitos cursos con gran éxito.
Cada día, nunha hora diferente segundo a semana recollida no calendario da actividade, adicaranse 20 minutos á lectura libre e individual por parte do alumnado da ESO. Para iso, deben traer o libro que queiran da casa ou ben collelo en préstamo na biblioteca. Só se permite o uso de libros en papel ou en formato electrónico (eBook), pero non se poderán usar nin móbiles nin ordenadores E-Dixgal para esta actividade.
Boas lecturas!