Ao longo da semana final de novembro de 2019 tivo lugar a “Semana Neira Vilas 2019” no centro educativo, coa colaboración de diversos departamentos e alumnado nos actos programados para conmemorar a figura do escritor que dá nome a este IES.
O alumnado leu fragmentos de obras do autor -actividade patrocinada desde a Biblioteca Escolar; diseñou paisaxes “diferentes” para un fondo de neno labrego -actividade promovida polo departamento de Educación Plástica; lembrou ao autor e interpretou o poema “Ai, amor”, una vez máis -nunha colaboración do EDNL e o departamento de Música; chiou en @semaneira; escoitou a Xosé María Dobarro; cantou,…
O luns 11 de novembro, o IES celebrou a súa festa de outono 2019, cunha colaboración significativa de alumnado e profesorado. As actividades, variadas, incluíron unha serie de relatos e conxuro de magosto, ademáis dunha explicación das orixes do Samaín [ver PDF]; unha serie de cartaces aleccionadores sobre a festa do magosto, un obradoiro de cabazas de papel -levado a cabo polo alumnado de 1º Bach.-, unha serie de xogos populares e o propio magosto -que permitíu degustar castañas á comunidade educativa.
Podedes ver algúns intres da celebración nesta ligazón.
Sumándonos á convocatoria da Fundación Xosé Neira Vilas, que tivo a ben conmemorar o 3 de novembro como o “Día Neira Vilas”, o alumnado do centro participou na lectura de extractos do libro “Aquel neno”. Os destinatarios foron principalmente 1º ESO A e 1º ESO B. A actividade, coordinada polo noso compañeiro Alberto Pombo, contou coa participación e colaboración do equipo da Biblioteca escolar do centro.
A Biblioteca do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas adianta actividades para o curso 2019-20. Por unha banda, difúndese o calendario dos 20 minutos de lectura diarios -o programa “Hora de ler”; pola outra, invítase a todos os membros da comunidade educativa a elexir o logo do proxecto de Biblioteca deste curso académico, que terá como tema-guía a #Distopía (pódese votar AQUÍ antes do 20 de outubro).
Durante os últimos días a biblioteca do Neira Vilas tivo unha intensa actividade literaria, xa que varios autores de recoñecido prestixo dentro la Literatura Galega estiveron compartindo o seu coñecemento co alumnado do noso instituto. Seguir lendo ESCRITORES NA BIBLIOTECA ESCOLAR→
O Equipo da Biblioteca do instituto organizou un intercambio de libros, como actividade de fomento da lectura. Os libros foron recollidos entre o 6 e o 10 de maio e, no primeiro tempo de lecer do día 14 de maio, o alumnado participante recolleu os seus novos exemplares.
O 24 de abril celebrouse no auditorio da Fábrica de Santa Cristina o primeiro Neiranaukas, cunha ampla participación de profesorado, de alumnado 2°, 3°, e 4° de ESO, de 1º de bacharelato e a excepcional colaboración externa de Deborah García Bello, Xurxo Mariño. Para finalizar contamos coa excelente actuación musical do grupo Theta Vawes, do que forman parte unha alumna de 1º de bacharelato e varios exalumnos do centro. Seguir lendo NEIRANAUKAS→
O pasado día 26 de febreiro houbo unha saída pola cidade da Coruña do alumnado de 2º ESO. A actividade consistiu nunha visita guiada ao Arquivo do Reino de Galicia, a Fundación Luis Seoane e ao Museo de Belas Artes. A organización correu a cargo da profesora Mar Cuba e do profesor Alberto Pombo e contou coa colaboración de María Dans, Jorge Calle e Agustín Fernández Gago.