Os días 23, 24 e 25 de marzo o alumnado de Xeografía e Historia de 2º ESO participou na actividade “Un día en Galicia”, organizada polo Concello de Oleiros.
Desta volta, disfrutaron dunha fermosa andaina polas Fragas do Eume, en cuxo interior visitaron o Mosteiro de Caaveiro. Despois do xantar, achegáronse ao coñecemento das pegadas medievais visibles na vila de Pontedeume e arredores, antiga Terra dos Andrade, incluíndo a marabillosa Torre de Nogueirosa.

A xunta de Goberno Local, na sesión do 26 de outubro de 2021, concedeu ao noso instituto 8.000 € en concepto de subvención para a realización de actividades educativas complementarias e adquisición de material didáctico de carácter funxible.

