
O pasado 21 de maio, o alumnado de cuarto da ESO que ten intención de facer o bacharelato na rama de ciencias, visitou a Refinería de Repsol de A Coruña, na que lles explicaron o proceso de obtención de tódalas sustancias que se extraen do petróleo que chega ao porto exterior, a forma de conducilo e tamén a de reparto dos productos que se obteñen tanto por terra como por mar. Tamén foron informados de proxectos de colaboración coas institucións locais nos que está inmersa a empresa e das novas formas e utilizacións da enerxía. A visita finalizou cun pincho nas instalacións que foi moi agradecido, despois dun longo percorrido en bus ao longo dos dous concellos que ocupa para explicar cada unha das partes da planta industrial.

Os carteis presentados por tres alumnas de 3º de ESO: Ada Agasar, Marta Cabo e Cristina Vázquez, foron seleccionados entra os 30 finalistas do concurso
O sábado 4 de maio celebrouse no parque de Santa Margarida a XXIV edición do “Día da Ciencia na Rúa”, actividade organizada pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias.
O alumnado de 2º de ESO B participou o pasado 28 de abril nunha serie de obradoiros científicos organizados pola Fundación Barrié en colaboración coa Universidade da Coruña. 

