Arquivo da categoría: Departamentos

Iniciación ao remo e kaiak 3° ESO

remo-outubro-2018O alumnado de 3º ESO  participou  na actividade de remo e kaiak impartida polo Clube de Remo Perillo, en diferentes quendas: mércores 3 3º ESO B e o venres 5 unha parte do alumnado de 3º ESO A.

Os monitores, entre os que figuraban exalumnos do centro, contribuíron moi positivamente a que os participantes desfrutasen dos deportes náuticos.
A actividade foi subvencionada na súa totalidade polo Concello de Oleiros. Seguir lendo Iniciación ao remo e kaiak 3° ESO

INTERCAMBIO CO SCHULE EINS DE BERLÍN

BerlínO pasado martes 2 de outubro rematou o intercambio de 4º de ESO co Schule Eins de Pankow (Berlín). Durante estas dúas semanas o noso alumnado realizou diversas actividades educativas, culturais, deportivas e de ocio; tanto en Alemaña coma na nosa contorna. Dende a dirección do instituto agradécese  a excelente acollida das familias e a boa actitude dos estudantes durante todo o intercambio.

Deporte adaptado

Deporte AdaptadoO venres 15 de xuño, o departamento de Educación Física, organizou unha charla-coloquio sobre o DEPORTE ADAPTADO. Contamos coa participación de dous membros deportistas da asociación ENKI, Jose Angel López e Fran Pedreira, que nos contaron as súas experiencias deportivas e o día a día dunha persoa con diversidade funcional. Seguir lendo Deporte adaptado

Concurso Picasso Coruñés

Concurso PicassoA Asociación de Prensa da Coruña convocou o IV Concurso de Debuxo Picasso Coruñés no que participou alumnado do noso centro, dos cursos de 3º e 4º de ESO. Sara Eiroa Fernández gañou o primeiro premio (300 €) da modalidade “Olga Cristina Viaño Sánchez” á mellor redacción. Ademáis as alumnas Clara Isabel Graña Castro, Noela Mato López, Sofía Miranda Vázquez, Valentina López López, Orleni Mateo Durán e Hellen Diel Veras acadaron accésits en diferentes modalidades. Seguir lendo Concurso Picasso Coruñés

Nacho Taibo, Escritor na súa terra.

O sábado 16 de xuño tivo lugar a homenaxe a Nacho Taibo que organizou a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega co gallo da distinción como Escritor na súa terra- escritor letra E. O acto, realizado en Santa Cruz, incluíu unha primeira parte onde se plantou un carballo, árbore escollida polo autor, á vez que se descubría unha pedra conmemorativa na que se recollía un texto de Nacho Taibo. A continuación tivo lugar un acto máis oficial no castelo de Santa Cruz. O autor, para alén de repasar a súa vida e obra, dedicou unha parte do seu discurso ao seu paso polo IES Neira Vilas. Seguir lendo Nacho Taibo, Escritor na súa terra.