Charla sobre Técnicas de Estudo para as familias

O día 20 de decembro ás 20h tivo lugar no salón de actos do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas a charla sobre Técnicas de Estudo, organizada polo departamento de orientación en colaboración coa ANPA Arce e impartida por Belén Pérez Sanmartín, pedagoga do gabinete Eleeméntal. Seguir lendo Charla sobre Técnicas de Estudo para as familias

APRENDENDO A ESTUDAR

CHARLA ORIENTADA ÁS FAMILIAS

Éxito rotundo da charla impartida hoxe 20 de decembro no salón de actos do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas por Belén Pérez Sanmartín ás familias co obxecto de complementar o traballo realizado co alumnado de 1º ESO do noso centro durante as catro sesións de técnicas de estudo impartidas o pasado mes de novembro.

Noraboa Belén, co teu traballo tanto o profesorado, como o alumnado e as familias saímos gañando.

Xornada Bachibac en Madrid

Instituto Francés

O pasado 12 de decembro celebrouse unha Xornada Bachibac, organizada polo Institut Français de Madrid en colaboración co Ministerio de Educación y Formación Profesional.

Asistiron 4 alumnas Bachibac do noso centro, acompañadas do profesor Carlos Vidal. En total participaron na Xornada, unhas 300 personas, entre profesorado e alumnado Bachibac de todas as Comunidades Autónomas.

Seguir lendo Xornada Bachibac en Madrid

Actividade fin do primeiro trimestre

O venres día 21 de decembro teremos unha xornada diferente para despedir o primeiro trimestre deste curso. Inicialmente o alumnado da ESO participará na Xincana Neiraviaxe, con actividades organizadas polos diferentes departamentos e supervisadas polo alumnado de 1º de bacharelato.

Seguidamente relizaranse actividades deportivas e simultaneamente terá lugar a posta en escea dos diferentes proxectos realizados nas aulas sobre o tema escollido para este curso  As Viaxes, grandes e pequenas

1º de bacaheralato investiga a vacina do VIH

O alumnado de Cultura Científica de 1º de Bacharelato participou o día 12 de decembro nun obradoiro na Domus (A Coruña) para investigar como funciona a vacina do VIH.  Nesta actividade aplicaron o procedemento para desenvolver unha vacina que podería protexernos deste virus, afondaron no coñecemento das variantes do VIH e analizaron a eficacia da citada vacina.

Sesión de Body-Box para 1º de ESO

O alumando de 1º de ESO participou os pasados días 8, 15 e 22 de novembro nunhas sesións de Body-Box, impartidas para cada grupo  por especialistas na materia  no ximnasio da Piscina Municipal de Perillo.

Esta actividade foi organizada polo departamento de Educación Física e subvencionada na súa totalidade polo Concello de Oleiros.

LABELFRANCEDUCATION para o Neira

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de comunicar  ao noso centro que foi mercedor do LABELFRANCEDUCATION do MINISTERIO DE ASUNTOS EXTERIORES de Francia.

O LabelFrancEducation é unha prestixiosa distinción outorgada en todo o mundo aos centros educativos que  sobresaen  por ofrecer un ensino bilingüe da lingua e a cultura francesas de calidade e excelencia. Seguir lendo LABELFRANCEDUCATION para o Neira