Todolos artigos de: vicedireccion

IXº Intercambio Escolar // Chegada a Oleiros do Alumnado Francés.

O próximo  sábado día  13 de maio  chegarán a Oleiros 30 alumnas e alumnos do colexio  COLLÈGE NOTRE DAME LE MENIMUR DE VANNES. O alumnado francés acolleu aos rapaces e rapazas do noso centro que participaron no Intercambio e que xa estiveron en Vannes.
Estarán acompañados de 3 profesoras, unha delas xa moi coñecida entre nos a profesora Catherine Le Blay. Coma sempre teñen unha axenda moi apretada e aproveitarán para visitar A Coruña, Santiago de Compostela, as Rias Baixas e  para acercarse a Portugal; teremos o sábado 20 de maio a tradicional “Cea da Amizade “ no Centro Cívico de Santalla – Santa Cruz que o Concello de Oleiros nos cede habitualmente. O regreso a Francia está previsto para o día 24 deste mes de maio .
Desexámoslles unha boa estadia e que disfruten da nosa terra.
O IES Plurilingüe X. Neira Vilas así como o profesorado organizador do Intercambio agradecen a colaboración das familias  e esperan que a experiencia do Intercambio sexa moi positiva e enriquecedora.

Ciencia Na Rúa 2017

A maxia da química

O día 6 de maio, organizado polos departamentos de Física e Química, Bioloxía e Tecnoloxía, o noso centro participou na XXII edición de Ciencia Na Rúa.

Ao longo do día 46 alumnas e alumnos presentaron, con gran entusiasmo e interese,  ao público experiencias sobre magnetismo e química.

Agradecemos especialmente a colaboración de Jesús Mosqueira Rey, profesor do departamento de Física de Partículas da Facultade de Física da USC, polo asesoramento e achega do material para a experiencia de levitación magnética.

A actividade foi organizada polos profesores:

  • María José Fandiño Río
  • Laura Fernández Villarino
  • Blanca Rodríguez Latorre
  • Xosé Rodríguez Rodríguez
  • Ramón Romero Pardo, (profesor emérito)
  • Antonio Varela Caamaño, (profesor emérito)

Actividades sobre magnetismo:

  • Imáns polos e forzas magnéticas.
  • Materias ferromagnéticos e non ferromagnéticos.
  • O compás: determinación dos polos dun imán.
  • Construción de imáns.
  • Experiencia de Oersted.
  • Forza de Lorentz.
  • Construción de electroimáns.
  • Experiencias de indución.
  • Motor homopolar.
  • Tren de bobina.
  • Levitación magnética con supercondutor.

Actividades de química:

  • Reaccións redox con permanganato: transformacións de viño en auga.
  • Ácidos e bases: A col lombarda como indicador de pH.
  • Diferencias de densidade: Lámpada de lava e as lentellas máxicas.

 

O alumnado debate con Laurent Binet

O pasado 25 de Abril o alumnado de 4º de Historia plurilingüe tivo a ocasión de debatir por video conferencia con escritor Laurent Binet, premio Goncourt de novela, sobre o seu libro HhH.

A obra transcurre na Segunda Guerra Mundial e narra a biografía do dirixente nazi Reinhard Heydrich , xefe da Xestapo, quen convocou a conferencia de Wammsee onde se planificou o exterminio dos xudeos. Heydrich foi a Praga onde se convertíu no artífice da violenta represión contra os checos. A novela desenvolve a Operación Antropoide, unha conspiración co obxectivo de realizar un atentado no que asasiñar a Heydrich.
O acto está enmarcado dentro das actividades de lembranza da Shoah e con motivo do 75° aniversario da conferencia de Wannsee.

Nela, o alumnado de 4 ESO de Xeografía e Historia plurilingüe que fixera a leitura do mesmo e xa realizara a posta en común na aula, preguntou ao escritor sobre diversos aspectos da obra. A videoconferencia e participación do alumnado levouse a cabo integramente en francés.

Viaxe Europea 2017

Viaxe Europea 201749 alumnas e alunmos da Sección Plurilingüe e de BACHIBAC realizaron a, xa tracidional, “VIAXE EUROPEA”, entre os dias 28 de marzo e 2 de maio. Visitaron o norte de Italia para coñecer as cidades de Milán, Florencia e Turín.
A cidade base foi MILANO/ MILÁN onde visitaron  o Duomo, Galleria Vittorio Emmanuelle, Parco Sempione, Bosco Verticale, Palazzo Lombardi, Piazza Gae Aulenti, Piazza Affari etc.

En FIRENZE/ FLORENCIA puideron coñecer a Galleria dell’Accademia, Duomo, Galleria degli Uffizi, Ponte Vecchio, etc.

En TORINO/TURIN estiveron no  Museo do Cinema, Piazza Castello, Duomo, Parco Valentino,etc.

Enlace ás fotos da viaxe…

Galería de fotos:

Galegos nos campos de exterminio

Documental: Galegos nos campos de exterminioEn días pasado no noso centro educativo realizouse o visionado do documental “Mathaussen, regreso ó campo da morte” sobre galegos no campo de exterminio cun debate posterior co seu realizador Manuel Torrente. Na actividade participou o alumnado de de cuarto curso e 1º de Bacharelato dentro das actividades do Departamento de Xeografía e Historia.

IX Intercambio Escolar I.E.S.Plurilingüe Xosé Neira Vilas De Oleiros-Collège Notre Dame de Vannes

Un total de 36 alumnos de 2º, 3º, 4º ESO, 1º de Bacharelato e BACHIBAC 1 participaron no IX ÉCHANGE SCOLAIRE que tivo lugar entre os días 28 de marzo e 8 de abril. Estiveron acompañados dos profesores D Xosé Antón García , Juan Santamaría e Carlos Vidal.
Durante a estadía en Vannes (Francia), o alumnado do Neira Vilas realizou diversas actividades : visita á rexión da Bretaña francesa (Carnac, Quiberon , Mont Saint Michel, Saint Malo, etc.); tamén asistiron  ás clases no Collège-Lycée Notre Dame Le Menimur.
O alumnado BACHIBAC fixo unha inmersión lingüística reforzada para a preparación da proba externa que realizarán estes alumnos en maio de 2018 e para superar o DELF B2.
O Intercambio rematou cunha visita ao parque do Puy du Fou.

Carta do Conselleiro de Educación

Fotos do intercambio…

Máis fotos procurando “Vannes2017” en Instagram.