Arquivo da categoría: Alumnos

Actividades extraescolares non organizadas por un departamento, como as excursións de fin de curso ou as ceremonias de graduación.

GALICIENCIA 2019

Un grupo de 23 alumnos e alumnas do instituto visitou na mañá do 10 de maio os stands de Galiciencia na Tecnópole de Ourense. Alí coñeceron diversos proxectos científicos levados a cabo en centros de ensino galegos e doutras CCAA, nos que a posta en práctica de aplicacións móbiles para a realización efectiva de deporte de cara a previr enfermidades cardiovasculares, a posta en marcha dun alcoholímetro dixital co obxecto de previr unha condución temeraria ou a erradicación das velutinas a través dun fungo que resulta mortal para elas tiveron acollida especial entre o xurado do certame e entre o noso propio alumnado. Outras moitas experiencias enriqueceron a visita. Seguir lendo GALICIENCIA 2019

CIENCIA NA RÚA 2019

O sábado 4 de maio celebrouse no parque de Santa Margarida a XXIV edición do “Día da Ciencia na Rúa”, actividade organizada pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias.

Un  ano máis, o IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas estivo presente nunha das carpas da citada celebración, coa participación dun numeroso grupo de estudantes, coordinados polas profesoras María Blanco  e  María José Fandiño. Seguir lendo CIENCIA NA RÚA 2019

VIAXE EUROPEA 2019

Os participantes na Viaxe Europea chegaron a Atenas a primeira hora da mañá do día 28 de abril. Forman parte desta expedición, de enriquecemento cultural, 55 estudantes de diferentes cursos (de tódolos niveis de ESO e 1° de bacharelato) e cinco docentes: Jorge Calle López, Xosé Antón García González, Pilar Morandeira Roel , Francisco Rodríguez  e Carlos Vidal López. Seguir lendo VIAXE EUROPEA 2019

ENTREGA DA XXIV EDICIÓN DO PREMIO LITERARIO SAN CLEMENTE

O pasado mércores 20 de marzo os alumnos de segundo de Bacharelato Guillermo Huelin, Victoria Prado, Irene Rodríguez e Iris Lopetegui estiveron na entrega da XXIV edición do Premio Literario San Clemente Rosalía – Abanca aos escritores Marcos Calveiro, Pedro Mairal e Han kang.

O acto de entrega tivo lugar no Auditorio Abanca de Santiago. Posteriormente acudiron con todos os participantes a unha cea no Hostal dos Reis Católicos onde compartiron mesa cos escritores premiados. Acompañaron ao noso alumnado os profesores Ana Crego, do departamento de Lingua Galega, Julia Fernández, do departamento de Lingua Castelá, e Carlos Vidal, do departamento de Francés. Máis fotos abrindo o artigo. Seguir lendo ENTREGA DA XXIV EDICIÓN DO PREMIO LITERARIO SAN CLEMENTE