Arquivo da categoría: Proxectos de Biblioteca

DÍA DAS ESCRITORAS NO NEIRA VILAS

O noso centro celebrou o Día das Escritoras, 14 de outubro, cunha exposición de traballos realizados polo alumnado adicados a autoras de distintas épocas, linguas e procedencias. A mostra estivo coordinada pola Biblioteca e elaborada coa colaboración dos Departamentos de Francés, Inglés, Lingua castelá e Lingua galega, así como do profesorado participante no Proxecta “Donas de si”.

 

 

PARTICIPACIÓN NA XVI XORNADA DE CLUBS DE LECTURA

O pasado 14 de maio o noso centro participou na XVI Xornada de Clubs de Lectura, organizada por Bibliotecas Escolares de Galicia, cunha representante de excepción, a profesora Eli Ríos, que presentou a súa experiencia á fronte, por segundo ano consecutivo, do club de lectura adicado á banda deseñada e ao manga que ten moita popularidade entre o alumnado e é un viveiro de aprendizaxes e lecturas compartidas. Asemade, este curso Eli Ríos é a coordinadora do club de lectura do instituto, “O Faiado de Balbino”, que naceu o curso pasado e que, grazas ao bo quefacer do equipo de biblioteca e do profesorado que puxo en marcha diferentes grupos de lectura temáticos, continúa a súa singradura con gran éxito.

Aquel neno…

Sumándonos á convocatoria da Fundación Xosé Neira Vilas, que tivo a ben conmemorar o 3 de novembro como o “Día Neira Vilas”, o alumnado do centro participou na lectura de extractos do libro “Aquel neno”. Os destinatarios foron principalmente 1º ESO A e 1º ESO B. A actividade, coordinada polo noso compañeiro Alberto Pombo, contou coa participación e colaboración do equipo da Biblioteca escolar do centro.

Video.

Proxectos de Biblioteca

Biblioteca do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas adianta actividades para o curso 2019-20. Por unha banda, difúndese o calendario dos 20 minutos de lectura diarios -o programa “Hora de ler”; pola outra, invítase a todos os membros da comunidade educativa a elexir o logo do proxecto de Biblioteca deste curso académico, que terá como tema-guía a #Distopía (pódese votar AQUÍ antes do 20 de outubro).

NEIRANAUKAS

O 24 de abril celebrouse no auditorio da Fábrica de Santa Cristina o primeiro Neiranaukas, cunha ampla participación de profesorado,  de alumnado 2°, 3°, e 4° de ESO, de 1º de bacharelato e a excepcional colaboración externa de Deborah García Bello, Xurxo Mariño. Para finalizar contamos coa excelente actuación musical do grupo Theta Vawes, do que forman parte unha alumna de 1º de bacharelato e varios exalumnos do centro. Seguir lendo NEIRANAUKAS