Arquivo da categoría: Departamento de Educación Física

Semana Branca

Do 26 ao 31 de xaneiro de 2020 tivo lugar, na estación de Formigal, a realización da #SemanaBranca con alumnado de 3º e 4º ESO e 1º Bacharelato. Un total de 32  alumn@s esquiaron e exploraron Jaca, e case tod@s superaron o nivel intermedio, recibindo o diploma correspondente!!! Baixaron tod@s as pistas azuis e algúns/has atrevéronse coas vermellas; tamén fixeron o circuito “funny track”, con diversas probas. Con folgos renovados, regresan ás aulas para reemprender o curso académico.

Bodi-Box 2019

Coa colaboración do Concello de Oleiros, o alumnado de 1º ESO ten disfrutado ao longo deste mes de decembro dunha sesión de Bodi-Box na piscina de Perillo. Complétase así o ciclo de actividades deportivas para a ESO deste trimestre. Velaquí algúns momentos destas actividades.

Andaina

Nun día de outono orballento, o 12 de novembro, e seguindo a iniciativa de @ConcelloOleiros, o noso centro educativo sumouse ao reto de camiñar contra a obesidade, no que participaron profesorado e alumnado de 3º e 4º ESO.

Velaquí algunha imaxes da andaina.

Festa de outono

O luns 11 de novembro, o IES celebrou a súa festa de outono 2019, cunha colaboración significativa de alumnado e profesorado. As actividades, variadas, incluíron unha serie de relatos e conxuro de magosto, ademáis dunha explicación das orixes do Samaín [ver PDF]; unha serie de cartaces aleccionadores sobre a festa do magosto, un obradoiro de cabazas de papel -levado a cabo polo alumnado de 1º Bach.-, unha serie de xogos populares e o propio magosto -que permitíu degustar castañas á comunidade educativa.

Podedes ver algúns intres da celebración nesta ligazón.

Surf 2019

O alumnado de 4º ESO, baixo a supervisión dos profesores Isa Moar e Jorge Calle, practicaron surf  (“deporte náutico que consiste en manterse en equilibrio sobre unha táboa especial, desprazándose pola zona na que as ondas empezan a romper.” -dicionario da RAG dixit) na praia de Bastiagueiro, no arranque deste curso académico [unha actividade financiada polo concello de Oleiros]. Velaquí algunhas estampas que nos deixou a actividade.

SENDEIRISMO E KAIAK NAS FRAGAS DO EUME

O venres 30 de maio, os alumnos/as de 1º de bacharelato, participaron nunha xornada de “SENDERISMO e KAIAK” nas FRAGAS do EUME. O percorrido foi de sete kilómetros de andaina e dous kilómetros polo río. Organizada polo departamento de Educación Física e financiada na súa totalidade polo concello de Oleiros, a actividade transcorreu nun día soleado e sen incidentes.

Máis fotos  lendo máis…   Seguir lendo SENDEIRISMO E KAIAK NAS FRAGAS DO EUME