
A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa publicou a resolución definitiva das axudas a centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades para a realización de probas de acreditación da competencia en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos de 4º ESO e 2º Bach durante o curso 2025/2026.
O noso instituto resultou beneficiario dunha achega total de 6.000€ destinados a financiar, a razón de 100€ por alumno/a, as probas de acreditación da competencia lingüística en Inglés e Francés por parte do alumnado de 4º ESO e 2º Bacharelato que presentou o seu compromiso para examinarse no prazo correspondente.
Malia a contía adxudicada e de acordo coa convocatoria que regula estas axudas, dado que a dotación económica outorgada é insuficiente para cubrir todas as demandas do alumnado interesado, é preciso aplicar, xunto aos criterios de distribución establecidos na propia resolución, os criterios de selección informados no Claustro do 25 de outubro de 2022 e aprobados no Consello escolar desa mesma data. Ditos criterios establecen que, en caso de que as axudas concedidas sexan insuficientes para todo o alumnado que entregou o compromiso de presentación ás probas de acreditación lingüística, ditas axudas concederanse en primeiro lugar ao alumnado que o curso anterior acadara maior nota na materia do idioma ao que se quere presentar e, en caso de empate, concederanse ao alumnado con maior nota media no curso anterior. O venres 16 de xaneiro levouse a cabo no centro unha reunión da Xefatura de estudos co alumnado interesado para informar deste particular e realizar a selección correspondente.
A información completa sobre estas axudas pode consultarse no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.
Con respecto ás probas, no caso do francés as datas dos exames do DELF Scolaire B1 e B2 e do DALF C1 están publicadas na web da Alliance Française: https://afcoruna.




