Arquivo da categoría: Departamentos
Reflexións para despois da pandemia #NaCasa_NV
O período de pandemia e confinamento servíu para reflexionar sobre as consecuencias da COVID-19, e así o fixeron as alumnas e alumnos de 1º Bacharelato.
Velaquí algunhas infografías sobre o mundo post-covid19.
Xornadas de acollida virtuais
Día do medio ambiente 2020
Con ocasión do Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño), damos publicidade a unha serie de videos que teñen por obxecto entrevistar a profesorado e adultos en torno ao tema do cambio climático.
A realización destas entrevistas, por parte de alumnado de 4º ESO, foi supervisada no primeiro trimestre deste curso académico pola profesora de Lingua Castelá María Dans.
- Consúltense os videos íntegros nesta ligazón.
Interdisciplinariedade grega #NaCasa_NV
Semana das Letras 2020
Este ano, a Semana das Letras terá que ser #NaCasa. Mais, desde alí, o alumnado non deixa de traballar, en colaboración coa profesora Patricia Varela. En 2020 homenaxeamos a Ricardo Carvalho Calero.
Malia a que o COVID fixo que a Real Academia Galega trasladase ao mes de outubro a celebración na honra de D. Ricardo Carvalho Calero, o alumnado de 3º ESO do IES Neira Vilas quixo renderlle homenaxe con varias actividades lúdicoinformativas realizadas durante a corentena.
#CienciaNaCasa_NV
O domingo 10 de maio de 2020 íase celebrar o Día da Ciencia na Rúa en A Coruña, e este centro ten hábito de participar.
Este ano, dadas as circunstancias, non se pode facer. Por iso o sustituimos polo día da #CienciaNaCasa_NV. Aquí colgaremos, polo tanto, algunhas das actividades realizadas polo alumnado nas súas propias casas.
Collages #NaCasa_NV
O alumnado de 1º ESO, coordinado pola profesora Victoria Fernández, realizou #NaCasa una serie de collages de grande mérito. Pódense ver nesta ligazón ou facendo click sobre a imaxe de entrada.
* E, de regalo, un cómic de Itziar Martínez.
Francés #NaCasa_NV
O alumnado de Francés de 3º e 4º ESO, 1º e 2º Bacharelato, en colaboración coas familias, e coordinado polo profesor Carlos Vidal, ilústranos sobre o que esperan do primeiro día do post-confinamento e invítannos a resistir… Sempre na lingua de Molière!!!
Modelos atómicos #NaCasa_NV
O alumnado de Física e Química de 2º e 4º ESO acometeu o reto de facer infografías e videos sobre os modelos atómicos. Dirixid@s pola profesora Blanca Rodríguez, velaquí outra mostra do traballo do noso alumnado online. A docencia non para.
- Podedes ollar estes traballos nesta ligazón.

