CHARLA DA EDUCADORA SOCIAL DO CONCELLO

O pasado 15 de Decembro visitou o instituto a Educadora Social Laura  Barejano Domínguez. No encontro co alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato fixo unha exposición sobre a súa experiencia laboral no Concello de Oleiros no que traballa actualmente.  Asemade, dirixiu unha serie de actividades grupais nas que o alumnado participou activamente e amosou unha vez máis a súa sensibilidade respecto a temas como: a violencia de xénero, a inmigración, o bulling, etcétera.

Máis información no blog do Departamento de Orientación.

 

A USC NO NEIRA VILAS UN ANO MÁIS

O programa A ponte da USC ten entre os seus cometidos, tender pontes entre a universidade e os centros de ensino medio para facilitar información e orientación ós futuros estudantes universitarios.

O 1 de decembro, Celso Rodríguez, profesor da USC na facultade de Matemáticas, foi quen fixo a presentación da Universidade de Santiago e as probas ABAU e ó acceso á universidade ó alumnado de 2º de Bacharelato.

 

 

 

 

Máis información no blog do Departamento de Orientación.

NORABOA BLANCA!

A profesora do instituto, Blanca Riestra Rodríguez-Losada, foi a gañadora do premio Blanco Amor coa súa novela “Aquí empeza o mar”.

Noraboa Blanca!

Blanca Riestra, ganadora de XL Premio Blanco Amor con la novela ‘Aquí empeza o mar’ (galiciapress.es)

Blanca Riestra gaña o XL Premio Blanco Amor coa novela ‘Aquí empeza o mar’ (galiciaconfidencial.com)

Blanca Riestra, premio Blanco Amor por unha novela que retrata A Coruña en distintos momentos da súa historia (lavozdegalicia.es)

 

SAÍDA DO EQUIPO DE CONVIVENCIA E MEDIACIÓN

O día 15 de outubro de 2021 o alumnado do Equipo de Convivencia e Mediación realizou unha actividade de encontro e adestramento que serviu principalmente para relanzar ao equipo despois do parón da pandemia.

Participaron un total de 24 alumnos de 3º e 4º da ESO e de 1º de Bacharelato. O grupo tivo a oportunidade de facer unha visita ao Mosteiro de Monfero (grazas  ao Concello de Monfero por facilitar a visita abrindoo especialmente para o equipo) e de realizar sendeirismo na Senda dos Cerqueiros (Fragas do Eume).

A comida e as actividades de adestramento en Técnicas de mediación fixéronse na Área Recreativa Muíño de Ferreñas, no concello de Vilarmaior. O entusiasmo dos mediadores e o bo tempo que acompañou fixeron que a xornada fora perfecta.

Grazas tamén a David, profesor de Educación Física, que colaborou con nos no desenvolvemento desta actividade.

ACTA ULTIMA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA ANPA

A continuación achégase a acta da última asemblea xeral ordinaria do ANPA ARCE IESP XOSE NEIRA VILAS, que se someterá á súa aprobación o vindeiro xoves día 14 de outubro de 2021, na próxima asemblea xeral ordinaria, convocada para o devandito día ás 19:00 horas en primeira convocatoria, e ás 19:30 en segunda convocatoria. Tamén se adxunta convocatoria da devandita asemblea. En Perillo ao 11 de outubro de 2021

Acta 26092019

Asamblea xeral ordinaria 2021

Instituto de Ensino Secundario Plurilingue Xosé Neira Vilas. Perillo (Oleiros)