Arquivos da etiqueta: Concello de Oleiros

ACTIVIDADES TRIMESTRAIS DO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA

SENDEIRISMO E KAIAK

Dentro do Plan de Deportes de Oleiros, desenvolveuse a práctica de Sendeirismo e Kaiak polas Terras do Mandeo no mes de setembro. A actividade foi financiada na súa totalidade polo Concello participando o alumnado de 1º de Bacharelato cun total de 36 participantes.

KAIAK

Dentro das actividades subvencionadas polo Concello de Oleiros e dirixidas ao Departamento de Educación Física estívose a realizar no mes de setembro a actividade de “Iniciación ao Kaiak e Remo”. Impartida polo Clube de Remo de Perillo, na praia de Santa Cristina, a actividade programouse para 3º da ESO.

SURF

O 10, 12 e 13 de Outubro, levouse a cabo a actividade de SURF, dirixida ao alumnado de 4º da ESO, na praia de Bastiagueiro. A actividade foi subvencionada na súa totalidade polo Concello de Oleiros.

BUCEO Seguir lendo ACTIVIDADES TRIMESTRAIS DO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA

MANUEL NÚÑEZ SINGALA E A OPORTUNIDADE DA LINGUA GALEGA

O mércores 21 de xaneiro o alumnado de 4º ESO tivo o pracer de asistir á charla “A lingua galega: unha oportunidade”, impartida polo escritor e director do Servizo de Normalización lingüística da Universidade de Santiago de Compostela Manuel Núñez Singala e organizada polo Servizo de Normalización lingüística do Concello de Oleiros en colaboración co Equipo de Dinamización da lingua galega do noso instituto. A través das súas amenas verbas, cheas de historias, sorpresas e xiros inesperados, Manuel fíxonos reflexionar sobre a situación da lingua galega, sobre o que nos condiciona como falantes e sobre a oportunidade e riqueza que supón o noso patrimonio lingüístico e cultural.

Espectáculo multimedia de Yolanda Castaño

Neste obradoiro poético en que as letras encontran acubillo entre as imaxes, música, recitado ou referencias a mundos diversos, o alumnado de segundo de bacharelato gozou de aprender desde o achegamento emocional e sensitivo.

O camiño entre os versos, que xa coñeciamos das aulas, converteuse en real e andamos entre poemas de A segunda linguaO libro da egoístaPunver ou Materia como quen acompaña a literatura desde o sentir máis intenso.

O coloquio con Yolanda Castaño no final da sesión foi, ademais, moi enriquecedor e reflexionamos coa poeta de temas tan interesantes como a creación poética ou a situación actual de Sargadelos.

Sen querer marchar, chegou o tempo de regresar ao instituto, pero levamos con nós todas as ganas de mergullar nos poemarios de Yolanda Castaño e continuar esta viaxe poética.

A poesía non morde

O alumnado de segundo da ESO asistiu ao espectáculo poético de Yolanda Castaño A poesía non morde e nel gozamos dun universo poético inzado de imaxes que nos engaiolaron.

Poesía do fútbol, dos caramelos, do verán e dos bos momentos compartidos foron os leitmotiv desta xuntanza, nas Torres de Santa Cruz. Impresionounos aprender como o cotiá tamén pode ser poetizable! E, sen dúbida, habemos de darlle bo uso a estas novas ferramentas poéticas que traemos connosco de volta para o instituto!

 

Superheroes 1º ESO

O grupos de primeiro da ESO, achegáronse este venres 28 de marzo, á Biblioteca Rialeda para participar na actividade Superheroes, a nova mitoloxía a cargo do ilustrador Miguel Cuba.

A rapazada gozou das aventuras e das narracións fantásticas e, ademais, explorou cales son as relacións que teñen estas personaxes coas das mitoloxías clásicas como a grega ou a exipcia. Foi realmente sorprendente descubrir que as bandas deseñadas, como as que lemos hoxe en día, teñen tantas conexións co pasado!

Con todas estas ideas a rebulir nas cabezas non foi difícil poñelas en práctica e, antes de regresar ao instituto, afiamos os lapis e as cores e… creamos as nosas propias superheroínas e superheroes!

O pase de diapositivas require JavaScript.

XORNADA DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL PARA O ALUMNADO DE 4º ESO E 2º BACHARELATO

O pase de diapositivas require JavaScript.

febreiro de 2025 celebrouse no Pavillón Arsenio Iglesias de Santa Cruz a IV Feira de Orientación académica e profesional do Concello de Oleiros, dirixida ao alumnado de 4º ESO e 2º Bacharelato.

Trinta e unha entidades entre as que se atopan Universidades, Dirección Xeral de Formación Profesional e centros de FP, escolas públicas e privadas de distinta índole (hostalería, finanzas, pilotos e persoal de cabina, artes gráficas, escola de artes e deseño, imaxe e son,…), academias, Forzas Armadas e Garda Civil, entre outras, informaron durante todo o día sobre as diferentes alternativas académicas e profesionais a disposición do alumnado. Seguir lendo XORNADA DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL PARA O ALUMNADO DE 4º ESO E 2º BACHARELATO

SAMAÍN E MAGOSTO NO NEIRA VILAS

Despois dun mes de organización, planificación, probas e máis probas… chegou o Samaín!

Por unha parte, os grupos de terceiro da ESO coordinan a decoración do centro e preparan o Túnel do Terror, e, por outra, o Magosto e os Xogos Populares dos que gozaremos na festa despois do segundo tempo de lecer. Seguir lendo SAMAÍN E MAGOSTO NO NEIRA VILAS