Toda a comunidade educativa do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas lamenta profundamente o falecemento do profesor de Relixión Juan Santamaría.
O enterro será mañá venres ás 16h no Cemiterio de Catabois (Ferrol) e o funeral ás 17h na Concatedral de San Xulián.
Dous autobuses para o alumnado partirán dende o instituto (aparcamento da piscina de Perillo) ás 14:45h, con regreso ao remate dos actos funerarios.
O venres 21 de xuño suspéndese toda a actividade do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas en sinal de loito.
Durante esta última semana de curso 45 estudantes de 4º de ESO, acompañados polos profesores María Blanco, Mª José Fandiño e Agustín Fernández Gago, están a desfrutar da VIAXE FIN DE ETAPA 2019 a Irlanda. 

O pasado venres día 14 de xuño celebrouse o Concerto Fin de Curso do noso instituto. Participou todo o alumnado de 2º e 3º ESO, xunto con aqueles de 4º ESO que cursaron Música como materia optativa.
O día 7 de xuño o alumnado de 3º de ESO do Neira Vilas participou no Roteiro Cultural e Literario, actividade na que se visitan diferentes lugares relacionados con personaxes representativas do Concello de Oleiros, tendo como guías a grupos de alumnos que previamente realizaron unha labor de investigación e documentación. Neste ano 2019 as personaxes escollidas foron Luis Seoane, Rosalía Mera e Felipe Criado.
O pasado día 27 de maio o exalumno do noso instituto Antón Blanco Rey, compartiu co alumnado de 1º de bacharelato a súa experiencia de Gap Year. Este termo inglés refírese a un período, xeralmente dun ano entre a finalización de los estudos de bacharelato e o comezo na universidade, no que o estudante realiza unha aprendizaxe a través dunha experiencia intercultural, que implica un importante proceso de reflexión. Esta experiencia está bastante xeralizada nalgúns países anglosaxóns, pero é menos frecuente entre os nosos estudantes. 