O día 12 de maio fixo 100 anos da morte de Emilia Pardo Bazán. Alumnos e alumnas de 1° de ESO len fragmentos dalgunhas das súas obras. Podedes velo aquí:
https://drive.google.com/file/d/1kGhHV90nifNc7VVgIIiU3D1sx8wrFT5B/view
O día 12 de maio fixo 100 anos da morte de Emilia Pardo Bazán. Alumnos e alumnas de 1° de ESO len fragmentos dalgunhas das súas obras. Podedes velo aquí:
https://drive.google.com/file/d/1kGhHV90nifNc7VVgIIiU3D1sx8wrFT5B/view
Durante o segundo trimestre desenvolveuse no noso centro un torneo de tenis de mesa organizado polo Departamento de Educación Física. Os gañadores foron Sergio Domínguez na categoría de 1º a 3º ESO e Pablo López na de 4º ESO a 2º de Bacharelato. Noraboa aos gañadores e a todos e todas por participar! e grazas a David e Andrés pola organización.
Na biblioteca do instituto están de estrea! O alumnado de TIC de 2º de bacharelato, baixo a coordinación de Agustín, desenvolveu unha aplicación para poder solicitar libros da biblio, reservar posto de lectura e facer suxestións. Podedes descargala seguindo as instrucións que aparecen aquí: Cartel App Biblio Neira 2021
Os alumnos e alumnas de 3º ESO fixeron, cada un deles, unha representación da célula, cada un co seu estilo e creatividade. O resultado pode verse no corredor do instituto: espectacular. Noraboa polo voso traballo!
O venres 18 de decembro o alumnado de 1º de bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais visitou a exposición “Vestir Épocas 1860-1960″ , nunha actividade organizada polo Departamento de Xeografía e Historia. Un agradecemento especial a Fernando Agrasar, comisario da exposición, que presentou os contidos da mostra ao alumnado e acompañounos na visita.
Coa colaboración do alumnado de 1º ESO e da comunidade educativa, neste mes de xuño de 2020 levouse a cabo unha poxa benéfica na que se venderon 9 collages do devandito alumnado (realizados no período de estricto confinamento, cos materiais que había a man na casa de cada quen).
A actividade, levada a cabo pola profesora de Tecnoloxía e Ed. Plástica Victoria Fernández Rancaño, obtivo unha recadación de 205 € que se entregarán a Cáritas.
Grazas a todo o mundo pola participación nesta actividade. Vaia para o alumnado creador e doante O NOSO RECOÑECEMENTO:
Alba Alonso | Adrián Barro | Isaac Encinas |
Antía González | Celeste López | Noa Martínez |
José Rodríguez | Anxo Somoza | Blanca Turienzo |
O alumnado de 2º ESO da profesora de matemáticas Mª Ángeles Varela realizou, neste confinamento, toda unha serie de traballos que compartimos. Neles comprobamos como estamos habituados a ver nos libros de texto figuras de homes matemáticos -con teoremas que levan o seu nome- e porén nunca vemos ningunha muller matemática nos nosos textos, e non é porque elas non teñan realizado grandes descubrimentos na vida matemática. E tamén comprobamos como estamos rodeados de números na nosa vida diaria, así como de formas xeométricas que o alumnado fotografiou.
O período de pandemia e confinamento servíu para reflexionar sobre as consecuencias da COVID-19, e así o fixeron as alumnas e alumnos de 1º Bacharelato.
Velaquí algunhas infografías sobre o mundo post-covid19.