Todolos artigos de: direccion

Aquel neno…

Sumándonos á convocatoria da Fundación Xosé Neira Vilas, que tivo a ben conmemorar o 3 de novembro como o “Día Neira Vilas”, o alumnado do centro participou na lectura de extractos do libro “Aquel neno”. Os destinatarios foron principalmente 1º ESO A e 1º ESO B. A actividade, coordinada polo noso compañeiro Alberto Pombo, contou coa participación e colaboración do equipo da Biblioteca escolar do centro.

Video.

Surf 2019

O alumnado de 4º ESO, baixo a supervisión dos profesores Isa Moar e Jorge Calle, practicaron surf  (“deporte náutico que consiste en manterse en equilibrio sobre unha táboa especial, desprazándose pola zona na que as ondas empezan a romper.” -dicionario da RAG dixit) na praia de Bastiagueiro, no arranque deste curso académico [unha actividade financiada polo concello de Oleiros]. Velaquí algunhas estampas que nos deixou a actividade.

Proxectos de Biblioteca

Biblioteca do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas adianta actividades para o curso 2019-20. Por unha banda, difúndese o calendario dos 20 minutos de lectura diarios -o programa “Hora de ler”; pola outra, invítase a todos os membros da comunidade educativa a elexir o logo do proxecto de Biblioteca deste curso académico, que terá como tema-guía a #Distopía (pódese votar AQUÍ antes do 20 de outubro).