Arquivo da categoría: Departamentos

Mini e Mero cantan no IESP Xosé Neira Vilas

Mini e Mero
Mini e Mero

O dia 20 de xuño, os músicos Mini e Mero darán un concerto para o alumnado e profesorado. Interpretarán poemas de autores galegos como Manuel María e Xosé Neira Vilas. O concerto quere homenaxear a Manuel María, autor ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas este ano, e tamén para festexar o fin de curso.

O Carro de Manuel María.

 

Visita ó museo arqueolóxico

Visita Museo Arqueolóxico
Visita Museo Arqueolóxico

O día 20 de Abril, e despois da visita preparatoria de marzo, o grupo de monitores acompañou ó resto do alumnado de primeiro da ESO ó museo arqueolóxico de San Antón para explicar os principais obxectos alí expostos e a realización de actividades prácticas, entre elas, coa catalogación das pezas, para rematar coa presentación  dunhas actividades didácticas a realizar despois da visita.

O grupo de monitores e comisión de orde estivo composto por: Mario Badini, Aitor Ares, Darian López Minero, Antía Noya, Mara Pereira, Clara Graña, Nadia  Boughaba , Edher Ramos e Javier Moya

Día das Letras Galegas 2016

ManuelMariaO pasado 17 de maio, como é sabido por todos, foi o Día das Letras Galegas que este ano se lle dedicou a Manuel María. O alumnado rendiulle homenaxe ao poeta chairego de diferentes xeitos. Algunhas aulas fixeron poemas colectivos a partir de palabras extraídas da súa obra empregando unha técnica vangardista. A explicación do experimento e os poemas resultantes, ben orixinais, pódense consultar en “O faiado de Balbino” que é o blog na Biblioteca: http://iesneiravilas.org/biblioteca/.

Por outra banda, o alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato asistiron o 24 de maio a unha charla sobre o autor impartida por Mercedes Queixas, autora da súa biografía Poeta con algo de labrego (Galaxia, 2016) no Teatro As Torres de Santa Cruz. Algúns deles presentáronse voluntarios para ler poemas de Manuel María.

1ª promoción de Bachibac do IESP Xosé Neira Vilas

promocion_1_bachibacA primeira promoción de alumnado de Bachibac do noso centro (e tamén a 1ª de Galicia) superou na súa totalidade a Proba Externa do Bachibac.

No nome de toda a comunidade educativa dámoslle a nosas máis sinceras felicitacións e desexámoslles moita sorte e moitos éxitos na nova etapa que comezan.

Alumnado BACHIBAC da 1ª Promoción 2014-2016:

  • Celia Álvarez
  • Paula Álvarez
  • Alberto Basante
  • Ana Canle
  • Luís García
  • Hugo Martínez
  • Mencia Resch
  • Juan Tejedor
  • Iris Vidal
  • Miguel Yañez

Visita ao Museo Arqueolóxico do castelo de San Antón

museoSanAnton_abril_2016_02O día 16 de Marzo o grupo de monitores de primeiro curso da ESO acudiron ó museo arqueolóxico de A Coruña para preparar as visita e as actividades didácticas para seren realizadas polos seus compañeiros. Durante a visita prepararon a información sobre as pezas alí expostas e organizaron as actividades prácticas.

A actividade foi deseñada polo Departamento de Xeografía e Historia do IESP Neira Vilas en colaboración coa arqueóloga do museo Ana Martínez Arenaz.

 

Día da Ciencia na Rúa 2016

A capacidade comunicativa do noso alumnado mantivo a xaima chea de público
A capacidade comunicativa do noso alumnado mantivo a xaima chea de público

O pasado sábado, 7 de maio, o noso centro participou no XXI Día da Ciencia Na Rúa. Dende as 11 da mañá ata as  7  da tarde unha nutrida representación do  alumnado do centro presentou ao público asistente unha colección de actividades e experiencias que trataban de popularizar e desmitificar o coñecemento científico.

O capacidade de comunicación  do alumnado e a súa facilidade para adaptar as explicacións á idade dos visitantes mantiveron a nosa xaima sempre chea de visitantes.

Participantes

Alumnado : Daniel Alba Pascoal, Lucía Arce Fernández, Alejandro Basante Díaz , Javier Castro Iglesias, Diego Chenlo Portabales, Rubén Digón Louzara, Martín Fernández-Obanza Durán, Lucía Flórez Bustad, Antía González Fernández, Marta Martínez Novo, Pepa Mata Varela, Emilia Oróns Vázquez, Miguel Pozo González, Cesar Resch Pérez, Alba Rouco Prieto, Iago Ruibal Lago, Uxía Sabrojo Catoira, Guillermo Astor Torres Lamas, Adrián Vázquez Pintor, Marcos Vázquez Rubín.

Profesorado : Jesús Antonio Curros López  e Laura Fernández Villarino  do Departamento de Física e Química,   Xosé Rodríguez Rodríguez  do Departamento de Tecnoloxía e Ramón Romero Pardo e Antonio Varela Caamaño, profesores eméritos do departamento de Física e Química.

Actividades presentadas

Cartel de Ciencia na Rúa 2016
Cartel de Ciencia na Rúa 2016
  • O aire esmaga unha lata de refresco
  • Una figura de papel imposíbel de realizar
  • O sistema binario e máis eu adiviñámosche o numero pensado
  • Un programa de ordenador telépata
  • Unha fonte sin fin
  • Nitinol: un metal con memoria de forma
  • Ensaios á chama e a composición das estrelas
  • Un detector de luz infravermella no bolso.
  • Experiencias no baleiro
  • Impresora 3D. Deseña e imprime o teu chaveiro
  • Fabricando unha gaiola de Faraday na casa

Curso Internacional en Prácticas Restaurativas

Prácticas Restaurativas
Prácticas Restaurativas

Os pasados 6 e 7 de maio de 2016  celebrouse no noso IESP o  Segundo Obradoiro de Prácticas Restaurativas no entorno escolar. Foi ponente do mesmo Jean Schmitz, formador do International Institute for Restorative Practices. Asistiron un total de 17 participantes que puideron actualizar a súa formación nesta interesante metodoloxía ou mesmo acercarse por primeira vez a ela.
O obradoiro tivo un enfoque eminentemente práctico cara a que os asistentes puideran adestrarse na aplicación de diferentes técnicas restaurativas.
As Prácticas Restaurativas proporcionan un enfoque novo e diferente das estratexias para abordar a conflitividade e a disciplina escolar. Mesmo proporciona ferramentas para crear comunidade no centro educativo, mellorando as relacións persoais e o sentimento de pertenza ao grupo e tamén teñen un alto valor como metodoloxía pedagóxica no traballo de aula.

Olimpíada de Matemáticas

Olimpíada Matemáticas
Olimpíada Matemáticas

O pasado xoves 21 de abril tivo lugar a fase de zona da Olimpíada de Matemáticas de 2º da ESO. Este ano o noso centro estivo representado polas alumnas Noemí Muíños Blanco e Hellen Diel Veras e os alumnos Lucas Canle de Andrés e Jacobo Pita-Baamonde Vázquez. Os resultados desta proba serán publicadas o próximo día 10 de maio na páxina web de AGAPEMA. Dende o centro queremos agradecer a todo o alumnado que se animou a participar nesta andaina pola matemática así como desexarlle moita sorte ós nosos representantes.