Fondo de libros da ANPA: entrega dos libros curso 2019-2020

O próximo xoves,  19 de setembro, de 16:00 a 18:00 h entregaranse os libros que a ANPA deixa en préstamo para o curso 2019-2020.

Recordámosvos que no reparto se tivo en conta a asignación de libros que fai o instituto do fondo solidario de libros da Xunta para evitar duplicidades e que se beneficie o maior número posible de alumnos.

Os que non entregaron unha solicitude de libros, aínda o poden facer o xoves, e nos próximos días faremos un novo reparto dos restos que quedaron e os libros que non se pasen a recoller.

Calquera consulta ou dúbida, por favor, dirixídevos a nos por correo electrónico.

Perillo, a 17 de setembro de 2019

A Directiva

Fondo de libros da ANPA: devolución dos libros en préstamo 2018-2019

O próximo venres 6 de setembro de 10 a 12:30 h recolleranse os libros que aínda non se devolveron e que se deixaron en préstamo para o curso 2018-2019. Aqueles que non fixeron aínda a solicitude de libros para o curso que entra, pódeno facer tamén o venres.

Prégase que os alumnos que non devolveron os libros en xuño o fagan agora sen falta. É condición indispensable devolver todos os libros prestados pola ANPA para poder entrar novamente no reparto de libros para o curso que está a piques de comezar.

Nos próximos días publicaremos a data e o horario no que se poderá pasar a recoller os libros para o curso 2019-2020.

Calquera consulta ou dúbida, por favor, dirixídevos a nos por correo electrónico.

Perillo, a 4 de setembro de 2019

A Directiva

 

CAMBIO DE NÚMERO DE CONTA BANCARIA da ANPA

Dado que o banco có que estábamos a traballar deixa de dar en breve o servizo que nos estaba prestando, tivemos que cambiar de entidade bancaria.

Desde o 3 de xullo temos conta con BANKIA.

O novo número de conta é: ES51 2038 4035 9060 0018 2908.

Os ingresos de cotas de socios ou calquera outro ingreso destinado á ANPA deberán facerse a partir de agora na conta nova, pois a outra de ING Direct deixará de estar operativa nos próximos días.

 

Instituto de Ensino Secundario Plurilingue Xosé Neira Vilas. Perillo (Oleiros)