Semana Neira Vilas

O mes de novembro é ben significativo para Xosé Neira Vilas. Por este motivo, desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, en colaboración con diferentes departamentos, organizaranse actividades na honra do escritor que dá nome ao noso centro. Ademais dun panel homenaxe onde cada membro da comunidade educativa poderá deixar unhas palabras na súa memoria, convócase un concurso-exposición de retratos en colaboración co Departamento de Plástica e Educación Audiovisual, baixo o nome “O teu Balbino do século XXI”. Así mesmo, o venres 25 todos os compoñentes do centro xuntaranse nun acto homenaxe onde participarán tamén Xosé Martínez Romero, psicólogo clínico e amigo persoal de Neira Vilas en Bos Aires, e o escritor e profesor ata o curso pasado no IESP, Xosé Carballude. A continuación, Xosé Martínez Romero e Xosé Carballude terán unha charla co alumnado onde partillarán as súas vivencias xunto a Neira Vilas e onde se presentará unha entrevista que Xosé Carballude lle realizou ao escritor hai uns anos.

Certificados DELF 2016

Logo DELFUn ano máis celebramos os excelentes resultados do alumnado do IES Plurilingüe  Xosé Neira Vilas  nos exames de Francés convocados no mes de xuño polo Ministère de l’Educación Nationale de Francia.

Os 45 alumnos do Centro presentados acadaron certificados DELF. Este é o diploma que certifica as competencias en lingua francesa para candidatos estranxeiros; os niveis que acadaron son A2 (18 alumnos), B1 (14 alumnos) e B2 (13 alumnos) correspondentes ao Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL). [O alumnado que se presentou era tanto de Secundaria como de Bacharelato]. Agradecemos á lectora Ivana Mickovski a súa colaboración na preparación das probas.
A nosa máis sincera noraboa!

2ª convivencia con alumnado de Öckerö (Suecia)

gunilla2016Por segundo ano consecutivo o profesor de español Anders Sjostrom do centro educativo  Seglande Gymnasieskola de Öckero (Suecia), púxose en contacto co nós para facer un encontro entre o profesorado e o alumnado do noso Centro.
Un total de 42 alumnos dos que 22 estudian o español como 3ª lingua estranxeira  viaxan no veleiro T/S Gunilla  acompañados de profesorado e a correspondente tripulación.

O programa da súa estadía é o seguinte :

  • O xoves día 29 de setembro o veleiro arriba á Coruña e pola tarde reciben ao alumnado e profesorado do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas no barco atracado no porto.
  • O venres día 30 de setembro serán recibidos no noso Centro
    Sábado 1 de outubro o alumnado do T/S Gunilla  visitarán Santiago e farán un pequeno percorrido do Camiño de Santiago.
  • O luns día 3 e o martes día 4 de outubro os alumnos que estudan español incorporaranse durante algunhas horas ás clases no Instituto.
  • O mércores día 5 de outubro o barco zarpa cara a Lisboa.

Toda a comunidade educativa do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas deséxase aos nosos amigos suecos unha excelente estadía en Galicia.

Máis información sobre o proxecto…

Sobre a anterior visita…

Servizo de préstamo de libros de lectura

libro-con-sello-y-prestamos

Comezamos este curso cun novo proxecto,  o préstamo de libros de  lectura.

Necesitamos as vosas donacións. Os libros de anos anteriores que xa non vaiades a utilizar servirán para ir facendo un fondo de libros que estará a disposición de quen o necesite.

Podedes entregar estes libros no local da ANPA os luns entre as 16:15 e as 18:00 horas.

Para o bo funcionamento deste servizo é necesario cumprir as normas seguintes:

  • O préstamo será de 15 días, podéndose renovar no caso de non haber lista de espera.
  • O retraso na devolución do libro traerá consigo un tempo de espera na seguinte solicitude.  Este tempo será do dobre do retraso na devolución.
  • A perda dun libro implicará tamén perder o dereito do uso do banco de libros de texto e deste servizo de préstamo.

O éxito deste proxecto depende de todos e todos nos podemos beneficiar.  Dona os teus libros.

 

A Xunta directiva

Libros de lectura (préstamo)
Libros de lectura (préstamo)

LIBROS A DISPOSICIÓN DO ALUMNADO A DÍA 26/09/2016

O pasado martes día 20 de setembro foi a data na que se repartiron os libros dispoñibles do banco de libros da ANPA.

Houbo reservas que non foron recollidas ese día e non temos avisos dos alumnos conforme ainda necesitan estes libros, polo que os poñemos de novo a disposición de quen os necesite.

Entregaranse por rigurosa orde de solicitude no horario da ANPA os luns de 16:00 a 18:00 horas.

Adxuntamos a listaxe dos libros   e agradecemos a colaboración de todos os que participades neste intercambio.

A Xunta directiva

Actividades ofertadas pola ANPA 2016/2017

Como cada curso estamos a programar   as  actividades   extraescolares organizadas pola ANPA do centro. O horario será  os xoves pola tarde, entre as 16:15 e 17:45.

Teléfono de contacto : 881 880858

Achegamos o formulario de inscripción  no seguinte enlace:

Inscripción actividades ANPA (2016/2017)

Tedes a vosa disposición:

robotROBÓTICA:  Os alumnos constrúen o seu propio robot e diseñan o seu propio videoxogo.
Prezo da actividade 20 €/mes.

 

chessXADREZ:Unha divertida forma de desenvolver a concentración, creatividade, capacidade de análise, memoria e perseveranza.  Ademáis poden competir con outros clubs.                                                                                                                       Prezo da actividade 20 €/mes.

english-clubENGLISH CLUB: Reforzo de forma lúdica deste idioma facendo
curtametraxes, xogos e contacto por skype con nenos dun colexio británico.              Prezo da actividade 20 €/mes.

tecnicasestudiosTÉCNICAS DE ESTUDO: A través de dinámicas de grupo, xogos e concursos aprenden hábitos de traballo que despois lles permitan facer un estudio moito máis efectivo.                                                                                                                                           Prezo da actividade 10 €/mes.

A inscripción nestas actividades é posible ata finales de outubro.

NOTA: Os prezos son para socios/as da Anpa Arce. Para non socios/as sería o doble en cada actividade.

Non podemos esquecer facer mención da colaboración da Ampa Arce na actividade de  INTERCAMBIO ESCOLAR I.E.S.P. XOSÉ NEIRA VILAS DE OLEIROS-COLLÈGE NOTRE DAME LE MENIMUR DE VANNES, do cal se está a xestionar na actualidade a sua VIIIº edición. O apoyo e cooperación da Ampa nesta actividade, dirixida e xestionada polo Departamento de Francés, ven a ser cada curso escolar un dos nosos obxetivos primordiais polo que o proxecto vai significar no futuro dos nosos fillos.

colabora_concello_oleiros

Instituto de Ensino Secundario Plurilingue Xosé Neira Vilas. Perillo (Oleiros)